José Lista: «É un orgullo que, sen darnos case a coñecer, Catering Almirez teña servido a reis»

Olalla Sánchez Pintos
Olalla Sánchez SANTIAGO

SANTIAGO CIUDAD

Sandra Alonso

Nació en Santiago como una tienda con productos «gourmet». Cuarenta años después, y ya con comida para llevar, no deja de crecer. «A algúns lles sorprendía que dunha cociña de só 5 metros cadrados saíse un cáterin para 500 persoas», destacan sus dueños

14 ene 2023 . Actualizado a las 18:39 h.

A los tres les gusta pasar desapercibidos. «Intentamos facer pouco ruído. Cando estamos nun evento nunca somos os xefes», comentan al unísono y sonriendo José Lista (Cerceda, 1975), Cristina Rivas (Boiro, 1977) y Sergio Amosa (Vila de Cruces, 1973), los dueños de Catering Almirez, el emblemático negocio de la rúa Doutor Teixeiro de Santiago que la vilalbesa Maribel Méndez abrió hace cuatro décadas como tienda de alimentación y productos gourmet y que, tras un cambio de titularidad intermedio, ellos asumieron en el 2002. «Pasou todo rápido, aquí nada é monótono», confiesan, valorando lo logrado en 20 años.

«Os tres coñecémonos de estudar hostalaría no IES Lamas de Abade, cando aínda tiña internado», recuerda divertido Sergio. «Cada un rodouse polo seu lado, en hoteis coma o Hostal dos Reis Católicos ou o Meliá», añade. «Xuntos coincidimos logo no Porta do Camiño», aclara Cristina, cediendo la palabra a José, su pareja. «Eu fixen extras para a anterior dona de Almirez, a compostelana Laura Portela. Cando ela o deixou, propúxome collelo e xa entramos os tres, con ideas novas», remarca con complicidad. «A fachada da tenda era antes máis pechada, cunha ventá pequena. Abrímola cara á rúa. Houbo xente que nos dixo que ata aí non sabía que dentro tiñamos produtos delicatesen e viños. Aínda así, moitos santiagueses xa eran clientes fieis. Lembro a unha veciña que no Nadal sempre viña por un pastel de pan bimbo e cangrexo que facía Laura, quen xa comezara coa comida para levar», apunta sobre una rama del negocio que reforzaron.

Sergio Amosa (a la izquierda), Cristina Rivas y José Lista cogieron el relevo en el 2002 de Catering Almirez, la tienda de productos «gourmet», cáterin y comida para llevar: «Nin dubidamos en cambiar o nome. Os veciños xa identificaban a tenda, o seu bo quefacer. Gustábanos, ademais, a súa alusión á comida, aos morteiros»
Sergio Amosa (a la izquierda), Cristina Rivas y José Lista cogieron el relevo en el 2002 de Catering Almirez, la tienda de productos «gourmet», cáterin y comida para llevar: «Nin dubidamos en cambiar o nome. Os veciños xa identificaban a tenda, o seu bo quefacer. Gustábanos, ademais, a súa alusión á comida, aos morteiros» Sandra Alonso

«Máis alá do clásico, creo que aos clientes lles chaman a atención pratos como o salmón con ensaladilla de gambas, o pastel de pescada, o cilindro de marmelo e queixo, o bonito en escabeche ou o salmorejo. Eu traballei en Andalucía e algunhas opcións veñen de aí», admite Sergio, al frente de la cocina. «Aumentamos os sándwiches, que xa se facían. É curioso, pero hai días nos que se venden ata 140, a todas as idades. Sorprende cando hai nenos que che piden un de gorgonzola», desliza Cristina, que atiende en el negocio. «A tenda mide 35 metros cadrados e a cociña só cinco, pero de aí, ao principio, ten saído, xunto á comida, un cáterin para 500 persoas», evoca Sergio sobre un hándicap ya superado.

«Abrimos unha cociña industrial no polígono do Tambre e tamén outras dúas tendas na Senra e en Casas Reais, pero ata a xente desas rúas viña á orixinal, onde nos sitúan, e pechámolas», reconoce José sin desánimo. «Nun tempo levamos a cafetería do CGAC, na que introducimos o menú do día, e enchíase. Alí tamén faciamos cáterin. Desa parte encárgome eu, que son máis nómade, de coller a furgoneta», señala risueño ante un servicio que les dio renombre.

«Creceu a demanda e, dende o inicio, fomos gañando clientela. Fixemos cáterin para congresos, laboratorios, a Universidade ou a Xunta, tamén no acto das Medallas de Ouro de Galicia. O evento de maior tamaño que cubrimos foi o Womex, o festival de músicas do mundo, con 4.000 persoas», enumera con satisfacción. «É tamén un orgullo que, sen darnos case a coñecer, Almirez teña servido a reis, ao emérito e ao actual, nas súas visitas a Galicia. A firma que as xestionaba chamábanos e repetía», defiende con humildad, negando sentir presión. «Xa son moitos anos. O único diferente son os controis, coma levar a comida escoltada ata Ferrol», afirma.

«O cáterin é un reto porque é levar un restaurante enteiro a un sitio. É necesario saber improvisar», sostiene, rescatando una anécdota. «Nun Apóstol en Raxoi, ante todas as autoridades, un camareiro esqueceuse dos zapatos. Puxo os calcetíns por fóra dos deportivos. Como era parqué andaba esvaradío, pero ninguén se decatou», rememora José riendo. «Algúns clientes grandes nos preguntan onde temos o restaurante. Chócalles que a orixe sexa unha tenda pequeniña. Agora somos oito traballadores», resalta con entusiasmo.

«No Nadal non paramos na tenda, con días de preparar 50 cestas, tamén para xente que nos coñecía de Santiago e volvía», acentúa agradecida Cristina. «Moitos pregúntannos que por que non abrimos Almirez noutra cidade. Só imos seguir aquí. Gústanos telo todo controlado», confirman los tres siempre de acuerdo.