TVG impulsa a primeira película sobre a vida de Castelao

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

SOCIEDAD

Tamar Novas
Tamar Novas Ana García

O actor Tamar Novas encarnará ao médico e intelectual nun filme que non será un «biopic» ao uso

28 sep 2023 . Actualizado a las 17:46 h.

TVG promove a primeira película baseada na vida de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, coa que se pretende darlle ao autor de Rianxo «o seu merecido lugar no ámbito da ficción audiovisual galega». Castelao, que está producida por Zenit TV, conta con guión do premiado autor Pepe Coira e estará dirixida por Ángeles Huerta, gañadora de doce galardóns nos Premios Mestre Mateo coa su ópera prima, O corpo aberto.

Segundo explica TVG, a película, que se rodará nos lugares habitados por Daniel Castelao (Pontevedra, Santiago, Rianxo e Bretaña), «trata momentos aparentemente menores, pero que de feito reúnen todos os roles de Castelao: o médico, o humanista, o político, o periodista ou o debuxante». Lonxe de ser un biopic ao uso, o filme intentará achegarse á persoa máis que ao persoeiro e centrarase en dous momentos da súa vida: cando o intelectual se integra na militancia galeguista participando na Asemblea das Irmandades da Fala de 1918; e cando, coa chegada da República, dedica os seus esforzos á vida política.

En canto aos actores, Tamar Novas encargarase de darlle vida a Castelao.

Con este filme, Televisión de Galicia segue a promover proxectos sobre figuras senlleiras e referentes da historia recente de Galicia. Este é un dos nove proxectos cinematográficos en que a corporación autonómica participa no marco das accións de apoio dos medios públicos ao sector audiovisual de Galicia.