Os cociñeiros ensinaronlles a elaborar menús saudábles e económicos
02 dic 2024 . Actualizado a las 17:18 h.Máis de 200 personas maiores participaron na mañán de este lunes en oito localidades galegas nos obradoiros impartidos por cociñeiros do grupo Nove nunha iniciativa de Afundación, Gadis e Famyc. O obxectivo de esta iniciativa, que se celebrou de forma simultánea nos espazos +60 de A Fundación, foi mostrarlle as persoas maiores que viven soas como elaborar un menú saudable e equilibrado gastando poucos cartos, aproveitando a súa compra, ensuciando o menos posible e dedicándolle o menor tempo posible.
Os integrantes da agrupación gastronómica Nove contan con 14 estrelas Michelin e 28 soles Repsol entre os seus integrantes. Os obradoiros tiveron lugar nos Espazos +60 de Afundación da Coruña, Lugo, Monforte, Ourense, Pontedeume, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo. O que se pretendeu con esta acción é facilitarlles o seu día a día ás persoas maiores que viven soas, achegándolles, ademais, consellos para evitar intoxicacións e para a boa conservación dos alimentos.
Unha das cidades onde se puido disfrutar da cociña de NOVE foi Vigo, onde Alberto G. Prelcic (Silabario) preparou, entre outras cousas, un potaxe de vixilia; en Monforte, Álvaro Villasante (Paprica) e María Varela (A Parada das Bestas) ensinaron o bo aproveitamento dunha pescada; na Coruña, Javier Rodríguez Taky (responsable do catering Boketé) e Iván Domínguez (NaDo) centraron parte do seu menú na boa utilización das patacas. En Santiago estiveron cociñando Lucía Freitas (A Tafona) e Juan Crujeiras (Bido); en Pontevedra, Rafa Centeno (Maruja Limón), en Ourense, Daniel Guzmán e Julio Sotomayor, de Nova; en Pontedeume, Daniel López (O Camiño do Inglés) e en Lugo, Héctor López (España) e Antonio Botana (Ramonita).
Nalgúns dos obradoiros contouse co apoio dos nutricionistas Oliver Sambad Baliña, Lucía Miyar, David Torres, Sara Rivas, Laura Campello e Mónica Vicho que achegaron máis información sobre hábitos de alimentación saudables. Ademais contouse coa axuda de varias voluntarias de FAMYC e do apoio de Grandes Amigos Vigo e de ATEGAL.
Esta iniciativa comezou hai tres anos da man de FAMYC Ferrolterra (Fundación de Axuda a Maiores e os seus Coidadores), coa realización de cinco obradoiros semellantes que foron impartidos nas cidades de Ferrol e Narón polo cociñeiro Nove Daniel López e a nutricionista e farmaceútica Susana Oreona. Desde NOVE apreciouse o bo facer de FAMYC, o bo resultado obtido e a necesidade de accións deste tipo para unha parte importante da nosa sociedade e decidiron amplialo a toda Galicia para chegar ao maior número de maiores posible.
Isto foi posible grazas a Afundación, unha das entidades máis recoñecidas da nosa comunidade na promoción do envellecemento activo e saudable, que aportan os seus espazos e ao seu equipo e a Gadis, que ven de colaborar co Grupo Nove e Fagal (Federación Alzhéimer Galicia) na edición do recetario «Os sentidos da Memoria», un claro exemplo do compromiso que Gadis ten coa sociedade, e que neste proxecto aporta os produtos eo seu patrocinio.