Areeiro recomenda vixiar as viñas ante a posibilidade de que apareza mildio a curto prazo
SOMOS AGRO

O risco pode diminuír coas baixas temperaturas que se prognostican para os próximos días
19 abr 2025 . Actualizado a las 13:15 h.A Deputación de Pontevedra acaba de publicar un novo aviso fitosanitario do persoal da Estación Fitopatolóxica do Areeiro no que recomenda manter unha vixilancia alta das viñas ante a posibilidade de que aparezan a curto prazo as primeiras manchas de mildio, se ben este período pode alargarse coas baixas temperaturas que se prognostican para os próximos días. «De feito, os captadores de esporas instalados no Salnés e no Areeiro incrementouse sensibelmente o número de esporanxios de mildio recollidos nos últimos días. Malia isto, e as predicións que xa indican que finalizou o período de incubación da primeira infección primaria, o persoal de Areeiro aínda non detectou a primeira mancha de aceite», segundo informan desde o servizo da Deputación. «Por iso a vixilancia ten que ser alta, e moi alta si se espera a intervir a cando apareza a primeira mancha, en cuxo caso deberá realizarse unha intervención máis adiante nos posibles momentos de claros que haxa entre chuvascos».
Desde Areeiro lembran que, dentro de cada parcela concreta, deben vixiarse as zonas onde o mildio causa maiores problemas habitualmente, pois é onde é máis probable que se concentren as primeiras infeccións. No relativo a outros parasitos, de momento aínda non hai nada destacable, tanto a nivel de patóxenos coma de artrópodos, se ben destes últimos xa se observaron varias plantas con síntomas de erinose.