Unha reforma feita por sorpresa

AGRICULTURA

TRIBUNA | O |

22 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

CONSIDERAMOS un escarnio para os gandeiros galegos que unha reforma feita por sorpresa en pleno periodo electoral, para recadar máis nos estratos de poboación con rendas máis baixas, fose o mércores prostituída sindicalmente coa sintatura entre Asaja-Xóvenes Agricultores e o Ministerio de Traballo. O que se asinou foi o seguinte: Que os gandeiros e agricultores que cotizan no réxime especial agrario teñan que cotizar máis, e que os grandes propietarios non teñan que dar de alta na Seguridade Social, como traballadores por conta allea, ós labregos que contratan para traballos de tempada. Desde Unións Agrarias, nada máis coñecermos esta medida, unha vez publicada no BOE, o pasado 26 de abril, a nosa resposta foi inmediata. O réxime especial é un dereito irrenunciable dos profesionais da gandería e agricultura, persoas cunha realidade social que segue a estar alonxada doutros sectores laborais. Nós estamos dispostos a mellorar o actual sistema de Seguridade Social Agraria, adaptándoa ás circunstancias actuais do sector, pero sempre sobre a base da conservación do réxime especial agrario.