
O futuro do agro galego reúnese en Lalín na sexta edición da Escola de Iniciación de Futuros Gandeiros que acolle a Finca de Mouriscade
29 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Onte pola mañá chegaron á Finca de Mouriscade, en Lalín, os 26 rapaces e rapazas que participan na primeira quenda desde ano ma que é a sexta edición da Escola de Iniciación de Futuros Gandeiros promovida pola Federación de Frisona de Galicia e o Club de Novos Gandeiros en colaboración coa Deputación de Pontevedra e Clun. Os rapaces chegaron acompañados das súas familias e logo das explicacións aos pais de Avelino Souto, uno dos docentes do curso, a cargo do Club de Novos Gandeiros, as palabras de benvida do alcalde de Lalín, Xosé Crespo, e da deputada, Belén Cachafeiro, xunto con representantes de Frefriga e Clun, nunha das salas do Laboratorio, tocou baixar á finca, despedirse da familia ata o venres e por o peto para comezar a traballar.
Pese ao nome de iniciación da escola, entre os participantes hai moito veterano. Dos 26, 14 repiten e entre eles hai, como Claudia, quen non perdeu ningunha das seis edicións. Iso fixo que moitos xa se coñecerán e xa fixeran piña nada máis verse. Son como comentaba Crespo «o futuro do agro e o campo galego».
O alcalde aproveitaba a presentación para animar aos participantes a elixir con orgullo a profesión de gandeiro e a manter dese xeito viva unha parte importante da nosa identidade como galegos.
Este ano os participantes máis novos son tres de nove anos: Janira Cachafeiro e Ricardo Fuerte de Silleda e Diego Lence de Castro de Rei. Participaban por primeira vez e agardaban pasalo ben e aprender moito. Janira está co seu irmán de 11, José Carlos Cachafeiro, que xunto con Xabi Montes, de 18 anos e de Rodeiro, e José Ferradás da parroquia lalinense de Maceira, conforman o grupo de participantes da comarca do Deza.
Onte o primeiro foi cambiarse, por o peto vaqueiro na maior parte dos casos, ou o mono de traballo, e recibir as primeiras ordes. Primeiro foi o reparto do material de traballo por equipos e grupos.
A presentación da mañá alongouse e iso fixo que se empezara un pouco máis tarde do previsto. Pola mañá algunhas das participantes aproveitaban para pasar revista as becerriñas máis cativas que había na corte e coñecer os seus nomes.
Pola tarde, despois de pasar polo albergue de Mouriscade onde se aloxa o grupo, para comer e deixar as maletas, tocou volver á finca e comezar a traballar. O primeiro, coma todos os anos, foi o reparto de becerras entre cada un dos grupos. José Ferradás tiña pola mañá un desexo que era: «a ver se este ano me toca unha vaca mellor que a da última vez e da anterior a esa». Pola mañá, Avelino Souto, xa advertía que «cando collades as becerras van a estar bravas», ata que se vaian facendo o trato dos rapaces que tiñan por diante cinco días para aprender a desenvolverse co manexo dos animais, a preparación das vacas e o seu acicalado para os concursos e un sinfín de traballos.
Entre os asistentes sete veteranos, entre os que se atopa Xabi Montes, aproveitarán estes días para prepararse para el certame europeo de novos manexadores que se celebra en Bélxica. O ano pasado a delegación española, integrada por seis galegos conseguiu o primeiro posto por equipos e tres dos seus integrantes quedaron entre os 10 primeiros dun certame que reúne aos mellores de Europa.
A escola supón cinco días nos que experimentar o traballo diario dunha explotación gandeira, nun ambiente de total camaradería, rodeados de amigos e guiados por profesionais tanto do Club de Novos Gandeiros como da Finca de Mouriscade.
Os 26 participantes veñen de diferentes puntos de Galicia, de todas as comarcas cun maior peso gandeiro o que fai que de Pontevedra todos os asistentes son da comarca de Deza, aos que se suman outros de distintas zonas das provincias de A Coruña e Lugo, e ningún da de Ourense.
O venres, para rematar a escolar e a xornada, farán unha exhibición para mostrarlles ás familias o que aprenderon. Algún onte xa quedaba en verse con algún compañeiro e compañeira da que será a sétima escola que terá lugar do 18 ao 22 de agosto e conta xa con 23 inscritos.