O Grove organiza unha nova edición do premio de novela curta Manuel Lueiro Rey

La Voz

TELEVISIÓN

15 ago 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

REDACCIÓN O GROVE A novela curta é a protagonista do premio Manuel Lueiro Rey que organiza o Concello do Grove en colaboración coa editorial Sotelo Blanco. Para participar na novena edición deste certame, os interesados deberán remitir catro copias dos seus traballos ó consistorio grovense antes de final de mes. Segundo as bases, os orixinais deberán estar escritos en galego normativo, ademais de ser «inéditos, totalmente orixinais e cunha extensión mínima de sesenta páxinas e máxima de cento vinte». O premio Manuel Lueiro Rey está dotado cun premio en metálico de medio millón de pesetas. A el hai que sumar a publicación do traballo gañador nunha das coleccións da editorial santiaguesa Sotelo Blanco. O xurado deste certame literario estará composto por cinco persoeiros vencellados co mundo da literatura galega. Un deles será Manuel Darriba, que o ano pasado gañou este concurso literario coa súa novela Velada do billarista.