Máis de 150 proxeccións protagonizan o festival de curtametraxes de Santiago

Camilo Franco SANTIAGO

TELEVISIÓN

O certame quere promover a creación e distribución dun xénero que atrae a novos públicos O encontro permitirá exhibir producións gravadas en vídeo no mesmo día en Compostela

10 jun 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

?áis de 150 proxeccións converterán a Compostela na capital das curtametraxes. Hoxe comeza un festival que quere ser referente para as curtametraxes de ficción, animación e videocreación. Curtocircuito é o nome deste festival preocupado en exhibir un xénero con máis prestixio que espectadores, con máis traballo que atención e cun potencial creativo que atrae e novos públicos e que quedará patente ata o día 19. As tres seccións nas que está organizada esta primeira edición deixan claro a intención festivaleira: estimular a creación e máis a exhibición. A sección oficial recolle os resultados dos concursos de curtametraxes, con 30 pezas seleccionadas, e o de guións coas tres rodadas en Compostela nestes pasados meses. A sección Panorama complementa a estas dúas coa proxección de 38 películas. Gravar e proxectar As seccións non oficiais son as dedicadas á participación, con fórmulas tan espontáneas como a que leva por título Non te curtes . O festival terá disposto un equipo de produción de tal xeito que calquera poderá gravar unha curtametraxe en Compostela polo día, editala e exhibila nalgunhas das proxeccións nocturnas que se farán nas prazas da cidade. A duración máxima de cada unha das curtas será de cinco minutos sen máis condicionantes. Padriños e afillados Curtas Nescafé é o nome da sección na que cinco directores noveis están apadriñados por cinco autores de renome, García Berlanga, Gonzalo Suárez, Bigas Luna, Julio Médem e Alejandro Amenábar, nun xeito de buscar apoio para os novos proxectos. Organizado pola Santiago Film Commision e patrocionado pola Fundación Caixagalicia, no listado de actores que poden ser visto figuran Juan Diego Botto, Ernesto Alterio, Álex Angulo, Héctor Alterio, Miguel Rellán, Celso Bugallo, Paul Nasch, Manuel Lourenzo, Nancho Novo. Román Gutiérrez, director do festival, subliñou os xéneros aos que está dedicado, ficción, animación e videocreación.