Galaxia publica a historia universal da arte escrita por Otero Pedrayo

La Voz C. F. | SANTIAGO

TELEVISIÓN

21 jul 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

?en avanzados os anos sesenta, Ramón Otero Pedrayo escribiu unha síntese da historia artística na que, en sentido cronolóxico, se ocupaba tanto da arte clásica como do cine. Adicou os anos 1966 e 1967 a escribir este compendio de saberes artísticos e case coarenta anos despois aparece publicado por primeira vez na editorial Galaxia. aporta unha singular visión a unha sucesión de movimentos artísticos na que pesa o carácter literario e máis enciclopédico da mirada oteriana. O libro permite ao lector enfrontarse a unha lectura sistematizada da arte de todos os tempos e nos sucesivos capítulos o escritor de Trasalba apunta as características das catedrais de Sevilla ou Toledo, repasa os logros do arte español do xéculo XVIII e finaliza o libro ocupándose do cine como arte última: Charles Chaplin estudiado de xeito máis amplo, pero con anotacións para autores como John Ford, Cukor, Vadim, Cocteau, e coa relacións que a literatura e o cine mantiveron ao longo da súa historia e mesmo para algunhas das valoracións entre as versións literarias e cinematográficas. Perspectiva A historia da arte que recupera agora Galaxia e a Fundación Otero Pedrayo co respaldo da Deputación de Ourense, ofrece unha lectura nada académica do devir artístico universal. Otero aproveita unha perspectiva menos ríxida para introducir con cada movimento algunhas historias que, ademais de ilustralo, sirvan para ofrecer unha visión menos estirada ou menos científica. Con valor interpretativo, Otero explica no mesmo tono a poesía trovadoresca que os movimentos arquitectónicos sucesivos que dan identidade á catedral de Ourense. Tanto se enfronta as manifestacións artísticas chinesas como analiza as novas formas que no seu día significaron Auguste Rodin ou Pablo Picasso.