![Gala de entrega dos premios da Crítica en Vigo](https://img.lavdg.com/sc/yxxkQ7mSb0Ekt0FHeKbbzL5gbNQ=/480x/2021/11/13/00121636808761329393970/Foto/v13n1505.jpg)
O xurado da Fundación celebrou hoxe en Vigo a entrega dos galardóns da 44 edición e da do ano pasado, que non se fixo pola pandemia
13 nov 2021 . Actualizado a las 21:27 h.Os Premios da Crítica acumulaban para a cerimonia de hoxe un atraso de oito premios, que foran anunciados en tempo e forma o ano pasado pero non entregados a os seus gañadores en gala ningunha. Así, na que alcanza a súa edición número 44 e albergou esta mañana o auditorio de Afundación en Vigo, alternouse o recordo dos do 2020 co anuncio dos do 2021.
A poeta Iolanda Castaño exerceu de mestra de cerimonias recitando uns versos de Xela Arias e o Cuarteto Caramuxo puxo as primeiras notas dun longo e concorrido evento no que estaban destacados membros da comunidade cultural e intelectual de Galicia. Arrincaron coa entrega do premio de Creación Literaria 2020 para Olga Novo, polo libro Feliz idade, de Kalandraka.
A continuación desvelouse o merecedor do galardón deste ano: o xornalista de La Voz Xesús Fraga, pola sua novela Virtudes (e misterios), editada por Galaxia, pola que recentemente acadou o Premio Nacional de Narrativa. O escritor non puido estar presente e desculpou a súa ausencia.