Viviu e traballou en Salceda de Caselas, onde exerceu de mestre e profesor
24 ago 2024 . Actualizado a las 12:04 h.O mestre e profesor Xaquín Méndez, que exerceu o seu labor educativo en Salceda de Caselas, no colexio de Altamira e no instituto Pedras Rubias, faleceu o xoves aos 67 anos. A asociación Ponte... nas ondas! enviou un comunicado para rendir unha homenaxe a un home do que destacan o seu labor pedagóxico.
Xaquín Méndez foi un dos piares da asociación cultural do sur de Galicia e norte de Portugal, xa que contribuíu co seu coñecemento tecnolóxico ao lanzamento da súa emisora de radio. O 28 de marzo de 1995 conseguiu enviar sinal radiofónico dende unha casa de Salvaterra de Miño ata a emisora Ecos da Raia de Monção, e ao día seguinte a radio de Ponte... nas ondas! comezaba a emitir.
O recordo deste mestre e profesor de Salceda esténdese tamén ás aulas e espazos culturais do Borraliño, o Penedo Redondo, a praza do Concello, o colexio de Alxén e moitos outros.
A asociación Ponte... nas ondas! despídese de un dos seus impulsores. Santiago Veloso, Francisco González, Luís Alonso e Raúl Francés sinalan nun escrito se foi discretamente, como era el. Foi para eles un home «bo, sensato, nobre, atemeperado, orixinal e divertido». E adiantan que no próximo ano, o 2025, cando se celebre o 30 aniversario de Ponte... nas ondas!, Xaquín estará presente nas nosas ondas. El xa é parte do noso patrimonio.