
Mobby Dick, en Coruxo; Copi Rei, en O Porriño, e Porto, en Ponteareas, participan no concurso da federación do sector
28 feb 2025 . Actualizado a las 01:25 h.A figura de Rosalía de Castro protagoniza este mes de febreiro os escaparates de moitas librarías galegas, entre elas, as doce que participan no Concurso de Escaparates convocado pola Federación de Librarías de Galicia, un certame que busca reivindicar á literata e pensadosa galega e, ao mesmo tempo, incentivar a creatividade e das librarías asociadas.
Unha ducia de establecemtos comerciais animáronse a participar nesta nova edición do Concurso de Escaparates. Agora tócalle o turno ao xurado, nomeado pola Fundación Rosalía de Castro, determinar o escaparate gañador, que recibirá como premio unha visita guiada para catro persoas ó Pazo dá Matanza e un bolso da escritora da marca Animosa.
O faio do xurado será público a vindeira semana, pero, mentres tanto, todas as persoas que o desexen, poden achegarse a coñecer os escaparantes participantes ou ben atopar as súas imaxes nas redes sociais da Federación de Librarías de Galicia. As participantes en Vigo e a súa área metropolitana son tres: Mobby Dick (Estrada do Vao, 61) en Coruxo; Copi Rei, en O Porriño, e Porto, en Ponteareas.
Os establecementos esmeráronse en vestir os seus escaparates con escenografías inspiradas na autora de Padrón botando man das portadas con deseño máis atractivo adicados á poeta, fotografías e obxetos relacionados coa escritora máis emblemática das letras galegas.
A Federación de Librarías de Galicia organiza e colabora en numerosos eventos destinados a apoiar o libro galego. O próximo é a xornada «As librarías, un ecosistema posible para o libro galego», que terá lugar no Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela, o próximo 12 de marzo.