Unha iniciativa para protexer as gabitas das illas Cíes

La Voz VIGO / LA VOZ

VIGO

Cedida

Os gardas do Parque Nacional axudan a cuidar unha especie vulnerable

17 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A gabita, unha ave de inconfundible plumaxe branco e negro e pico vermello, é unha das especies que aniña nas illas do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. A súa presenza nas Cíes e máis en Ons, aínda que escasa, é de gran valor ecolóxico, xa que a poboación reprodutora galega está catalogada como «vulnerable».

Porr iso, durante a súa tempada de cría os gardas dos arquipélagos intensifican o seu labor de protección. Percorren as costas rochosas e areosas das illas, observando a distancia para detectar parellas, niños ou polos para facer un seguimento e protexer a súa poboación nas illas do Parque Nacional.