Antonio Orozco en Valença

La Voz

VIGO

ZIPI | EFE

O Festival Ikfem, centrado na música relacionada co piano e os instrumentos de teclado, celebra a súa 13 edición do 16 ao 20 de xullo en Tui e Valença do Minho

16 jul 2025 . Actualizado a las 05:05 h.

Hoxe 21.30 hora local (PT) • Fortaleza Valença do Minho: Cortinas de São Francisco. Entrada: 10€ • O Festival Ikfem, centrado na música relacionada co piano e os instrumentos de teclado, celebra a súa 13 edición do 16 ao 20 de xullo en Tui e Valença do Minho co apoio da Xunta de Galicia. En Valença do Minho celébranse as dúas primeiras xornadas do festival. Na primeira delas, terá lugar a Gala Caixason, co cantautor español Antonio Orozco e a portuguesa Rita Rocha. Esta gala benéfica estará protagonizada pola agrupación musical CaixaSon, un proxecto pioneiro de inclusión musical entre España e Portugal, que acolle a diversidade humana como un valor para a sociedade e demostra como a linguaxe universal da música supera fronteiras.

Na segunda, na Fortaleza, o concerto conxunto de Milhanas e as galegas Fillas de Cassandra. Xa en Tui, na alameda de Santo Domingo estará o día 18 o pianista e escritor James Rhodes, mentres que ao día seguinte, no paseo da Corredera, celébrase a final do concurso Novas Ondas Sonoras, onde seis novos talentos galegos e portugueses loitarán polo trofeo. Xa na derradeira xornada actuará no Teatro Municipal o saxofonista Perico Sambeat con a Oquestra Jazz de Matosinhos.