
Comezará ás 20.00 h na Alameda de San Domingos
14 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe 20.00 horas • Dende o miradoiro da Alameda de San Domingos • prezo • dato • Comeza hoxe o programa Coñece o noso patrimonio, organizado polo Instituto de Estudios Tudenses coa colaboración do Concello de Tui. Esta primeira visita consistirá nun paseo literario polo corazón de Tui a cargo da escritora e profesora Marga do Val que realizará un percorrido por diversos lugares da memoria literaria tudense. Comezará ás 20.00 h na Alameda de San Domingos lembrando a figura do poeta da lírica galaico-portuguesa da Idade Media, Golparro. Ao longo do paseo se marcarán diversos fitos vinculados a escritores relacionados con Tui: Camilo J. Cela, os irmáns Álvarez Blázquez, Teodosio Vesteiro Torres, Josep Pla, Manuel Lago, etc recuperando a súa pegada e a súa produción literaria relacionada con Tui e a súa contorna.
Marga do Val (Vigo, 1964) é nome literario de Marga Romero Lorenzo, licenciada en Filoloxía Hispánica, Galego-Portugués pola Universidade de Santiago, profesora e poeta.