A cooperativa da editorial Catro Ventos despídese coa venda de libros a menos de cinco euros

La Voz VIGO

VIGO CIUDAD

Isidro Dozo, da editorial Catro Ventos
Isidro Dozo, da editorial Catro Ventos M.MORALEJO

Cesan a súa actividade e farán un traspaso da firma, especializada en consumo responsable, crianza alternativa, ecoloxía ou economía social

30 sep 2025 . Actualizado a las 12:29 h.

Libros a prezo de custo. De tres a cinco euros cada exemplar. Ese é o reclamo dende a editorial Catro Ventos para desfacerse de todos os exemplares publicados nestes anos sobre consumo responsable, crianza alternativa ou economía social. O motivo? Que a cooperativa que ata agora se encargou de xestionala cesa a súa actividade. Pero non será un adeus para sempre, polo menos en canto a Catro Ventos se refire, posto que continuará da man doutro grupo de editores galegos. 

Detrás da idea estaban Isidro Dozo, natural de Cambados, Patricia Buxán, de A Estrada, e Miguel Braña e María Mediero de Vigo. A iniciativa xurdiu en 2016 cando vían que no eido editorial non tiñan traballos en galego que responderan ás súas inquietudes sobre economía social e outros temas. Como Miguel e Cristina eran traductores, decidiron arrancar un proxecto para achegar aos galegos traballos internacionais sobre estos ámbitos. Pouco a pouco o equipo creceu, e tamén o traballo. Non só se trataba de traducir, tamén de falar con escritores ou editoriais en orixe, facer a labor de producción, revisións do texto, probas de maquetaxe e logo, por suposto, a parte comercial e de distribución. No camiño tamén se adicaron a facer servicios editoriais para entidades privadas ou a Deputación. 

«A diferenza é que aplicamos os nosos intereses tamén ao noso xeito de traballar. Decidimos extender a economía social ao proxecto, funcionamos como cooperativa e buscamos que o proceso de elaboración dos libros fose tamén diferente. Impulsamos o uso de materiais non tóxicos, por exemplo», expón Isidro Dozo. No seu repaso recorda que en 2020 lograron sacar exemplares libres de plástico, promover o transporte público, apostar pola conciliación entre os socios da cooperativa, impulsar o teletraballo... Todos os temas que lles preocupaban no seus libros eran tamén protagonistas do seu xeito de traballar. 

A vida comezou a complicarse para algúns dos integrantes con outros proxectos empresariais e temas personais, polo que tocou tomar a decisión de dicirlle adeus a cooperativa. Iso sí, xa hai relevo. Pero como non foi posible traspasar o catálogo agora mesmo téñenno a prezo de custo. Son mais de 40 títulos os publicados estes anos e algúns incluso xa están esgotados. Outros aínda esperan para ser vendidos ata o 30 de novembro. «A acollida está sendo moi chamativa», explican dende Catro Ventos. 

O novo equipo que leve a editorial é tamén galego, aínda que non está pechado a ubicación física, que ata agora tiña a súa sede en Vigo, nun espacio de traballo colectivo. «Son persoas vencelladas ao cooperativismo, que é o normal, non podía acabar en outras mans. Foi unha decisión difícil de tomar e meditada. Non descartamos no futuro unha reincorporación pero iso xa non estaría nas nosas mans», comenta Dozo, que urxe a todos os interesados a mercar os exemplares xa que por contraton non se pode agasallar e poderían terminar destruidos. 

Nas primeiras semanas de setembro lograron vender a un ritmo de 500 exemplares, pero a previsión era que o ritmo baixase en outubro e aínda teñen pendente recibir más libros. Dozo é moi optimista sobre o futuro de Catro Ventos e o das editoriais galegas. «O sector está traballando ben e movéndose moito. Se un nicho de mercado coma o noso funciona, creo que o galego ten futuro no mundo editorial, aínda que debería haber máis ferramentas e iso xa está nas responsabilidades institucionais», argumentan dende a editorial, sobre todo no ámbito das novas tecnoloxías.