Así podes enviar as túas fotos antigas a Xa choveu, o portal da memoria colectiva de Galicia

XA CHOVEU

Home tomando unha foto cunha cámara de sistema APS o 11 de febreiro de 1997.
Home tomando unha foto cunha cámara de sistema APS o 11 de febreiro de 1997. ASPA

Este é o espazo no que rememorar entre todas e todos aquelo que nos produce morriña e crear xuntos un álbum colaborativo. [Envíanos aquí as fotos dos teus recordos favoritos para formar parte deste proxecto interxeracional]

02 jul 2024 . Actualizado a las 09:53 h.

Todos temos historias e fotografías inesquecibles que non queremos perder. Para recordar quen fumos e de onde vimos, La Voz conta co novo portal Xa choveu, un espazo onde convidámosche a compartir as fotos dos teus recordos e mostrar como cambiaron os costumes, as tradicións, as festas ou as familias en Galicia.

Con Xa Choveu queremos recompilar as historias que foron noticia ao longo dos últimos 142 anos, pero tamén as dos galegos e galegas, a túa, a da túa casa, a do teu barrio, a do negocio da túa familia… e poder construír entre todos a memoria colectiva de Galicia. A través dunha extensa hemeroteca e con novas entrevistas, reportaxes e xogos, abrimos unha ventá ao pasado.

Os lectores poderán achegar as fotografías dos recordos que queiran compartir a través dun sinxelo formulario. Ademais, se así o queren, poderán dar a coñecer os detalles das súas historias.

As fotos dos lectores

Recordos de infancia, festas da xuventude, ou solpores para non esquecer... Calquera recordo é bo para formar parte desta memoria colectiva dos galegos. Estas son algunhas das fotografías que xa achegaron os lectores de La Voz.

 Como podes enviar as túas fotos?

Se queres que as túas imaxes se publiquen en Xa choveu, terás que ser usuario rexistrado en La Voz de Galicia. Se aínda non o es, podes facelo aquí. É completamente gratuito. Despois, entra en https://xachoveu.lavozdegalicia.es/ e segue estes pasos:

1. Fai clic en «Envía a túa foto».

2. Enche o formulario e adxunta as fotos que queiras. Poden ser ata cinco imaxes á vez.

3. Acepta as normas de participación.

4. As túas fotos revisaránse e serán publicadas no portal. 

5. Poñerémonos en contacto contigo para que nos contes cal é a historia que hai detrás, e poderemos compartila tamén co resto de lectores da Voz.

Xa choveu conta tamén con contido nativo en redes sociais, que se poderá atopar no perfil oficial de La Voz de Galicia en Facebook, X, Instagram e TikTok. Non o penses máis e envía as túas fotos.