Yo soy el alma de la fiesta: «Levo 41 anos enriba dun escenario, pero estou no meu mellor momento»

YES

CONCELLO DE POIO

ES EL REY DE LA VERBENA. No hay un gallego que no haya bailado al son de su espectáculo en la Panorama.  Pero hay Lito Garrido para rato: «A xente quéreme e aguanto moi ben o ritmo nas tres horas de actuación», dice

05 ago 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

El nombre de Lito Garrido va, indiscutiblemente, unido a la verbena, a la música, al baile, a las inolvidables noches de verano, a la diversión... en definitiva, a la fiesta. No hay nadie en Galicia que lleve este término más tatuado en su piel como él. Se lo ha ganado a pulso. Es el alma de la fiesta por excelencia. Y se puede decir, alto y claro, que toda Galicia ha bailado a su son. Si hay algún gallego que no lo conozca será un rara avis. Porque no le queda ni una verbena gallega en la que no haya actuado. Él ya es patrimonio de Galicia.

«Eu non veño de familia de músicos nin de cantantes. Empecei aos 9 anos en clases de gaita porque estaba namorado da profesora. E estando alí, comentou que tiña un amigo que quería formar un grupo de gaitas e facíanlle falta mozos. E eu, o que dixese ela, alá ía. Así que me apuntei», comenta sobre sus primeros pinitos en el mundo de la música. Pero el plantón del profesor durante los ensayos, le hizo desistir: «Era verán e como vivía a dous quilómetros de Sanxenxo, tiña que ir a propósito ás clases de gaita na bicicleta. Fun un día, pero non estaba o mestre, e a segunda vez, tampouco. Así que me enfadei e díxenlle a meu pai que non ía máis». Pasó el verano y cuando llegó la época de la vendimia, estaba con su padre en una finca y este le comentó que el vecino tocaba en una orquesta porque era saxofonista. Y lo animó a que estudiase música con él: «O veciño emocionouse e xa me trouxo as notas, a escala... e así empecei. Botei un ano aprendendo e díxome que xa estaba preparado para coller un instrumento. Elixín o saxo porque era o que el tocaba. Non sabía nin o que era. Tocoume unha peza que a min sooume a gloria e dixen: ‘Pois aí me meto'. Pero foi unha casualidade coma un mundo».

Poco tiempo pasó desde ese momento hasta su debut en los escenarios: «Foi unha noite de San Xoán, o 23 de xuño, do ano 80. Tiña 12 anos. O grupo chamábase Mark 4, era de Sanxenxo. Viñéronme a buscar porque lles facía falta un saxofonista, fixéronme unha proba e empecei esa noite. Tamén cantaba unha canción que estaba moi de moda daquela, A mochila azul. Sen saber cantar! Fixéronme unha proba e viron que se me daba ben». Luego llegó Bluestar, donde compartía escenario con un primo suyo, Dani, de La Ocaband: «El é mais eu faciamos media hora de mexicanas. Tiñamos 13 e 14 anos. E ese Nadal fomos a Alemaña co grupo a tocar en centros galegos de alá». Con 17 años ya decidió dedicarse profesionalmente y entró a formar parte del grupo Solano. Y, con el tiempo, acabó convirtiéndose en el rostro de la orquesta Panorama. «Entrei no 93. Fago este mes de novembro 30 anos na Panorama. Levo 41 anos enriba dun escenario, só parei na pandemia», comenta este showman, al que le corre por las venas la verbena.

Sobre si se considera el alma de la fiesta, responde: «Si, polos anos que levo. Porque ao final toquei para moitas xeracións e estilos. E sempre me adaptei. De feito, a xente que máis me segue en Galicia é a xuventude. Téñenme un cariño especial. O meu segredo foi ir adaptándome aos cambios xeracionais».

En el 2009 en Ordes

Muchas son las actuaciones memorables que guarda en el recuerdo, pero tiene dos que llegó a pensar que el éxito se les iba de las manos: «Unha das que máis me abraiou foi no 2009, cando fixeramos unha gala en Ordes contra o cancro, que se bloqueou a saída da autopista e houbera un cristo tremendo. Xuntáranse no pobo 50.000 persoas. Foi un impacto ver a tanta xente xunta. A xente non podía entrar en Ordes porque estaba bloqueada».

La otra ocasión fue el año pasado en Ourense, en el barrio de O Couto, donde hubo que cortar hasta el acceso a la verbena de la cantidad de gente que había: «A festa era nunha rúa e chegou un momento que se taponou todo. De feito, este ano xa se fixo un pouco máis abaixo. E era a nosa primeira actuación despois do covid porque foi en maio, na véspera das Letras Galegas. Tiven que pedir polo micro aquilo que dicía Lola Flores: ‘Se nos queredes, ídevos'. A xente estaba moi axustada e non podía entrar ninguén máis. Despois normalizouse a cousa e conseguimos facer unha actuación de dúas horas, cando o normal son tres».

Más de cuatro décadas sobre el escenario y a un ritmo frenético no han hecho mella en Lito, que reconoce que necesita esa conexión con el público tanto como respirar: «O noso show baséase no contacto co público. Que toda a xente levante as mans, que te sigan, que fagas de mestre de cerimonias, e que te demostren tanto cariño é incrible. Esas son as armas da Panorama».

Fuera de Galicia

Un cariño que no solamente lo percibe en Galicia, sino también fuera de la comunidad donde ya hacen cerca de la mitad de sus actuaciones. «Por exemplo, en Madrid, cada vez que imos, xúntase moitísima xente. E alucinan porque están afeitos a que a orquestra sexa algo secundario, e aquí, en Galicia, é o máis importante. E vemos que nos segue moita xuventude tamén», comenta.

Si hay alguien que cree que Lito está pensando en bajarse del escenario, se equivoca. Hay Lito aún para mucho rato: «Estou no meu mellor momento. Agora de vello, gaiteiro! [se ríe]. A xente quéreme e aguanto as tres horas de actuación perfectamente. E máis ao noso ritmo, que é de moita intensidade. Nós movémonos moito. Pero si que cando acaba o espectáculo, quedo máis molido [bromea]. É que empecei cando tiña 12 anos e agora teño 55!».

«A miña idea, cando deixe os escenarios, é seguir dirixindo a Panorama desde abaixo. E despois facer algunha cousa para calmar o mono do escenario. Dedicareime a facer algo da música que me gusta. Pero todo iso xa se irá vendo. Eu espero estar moito tempo aínda. Como di Simeone: ‘Imos ano a ano, partido a partido'. Para min, cada ano é un reto. Cada espectáculo é coma se fose o primeiro. E penso se lle gustará á xente», comenta. Porque Lito sabe que, más importante que llegar a ser una de las mejores orquestas de España, es mantenerse: «Tes que pensar en superarte, se non é imposible manterse». Solo nos queda emular a los británicos y gritar alto y claro: «¡Dios salve al rey... de la verbena!».