JOSE XAVIER BOM
LA ENTREVISTA
Xesús Asorey, secretario técnico da Asociación Galega de Apicultura O mel galego xa está no mercado en presentacións como crema, ou misturado con pole e con xelea real. En breve haberá tamén mel con fariña de castañas ou con frutos secos. Para elaborar estes novos productos, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento concedeu unha axuda de case seis millons de pesetas á cooperativa compostelana Erica Mel. Xesús Asorey, secretario ténico da Asociación Galega de Apicultura, con responsabilidade neste proxecto, afirma que «cada vez o consumidor quere máis mel para untar».