04 abr 2001
A ONU resposta ás cartas pola paz que lle remitiron alumnos de Trazo
A organización internacional agradece a campaña do colexio enviando material didáctico dende Nova Iorque Os alumnos do colexio de Primaria de Trazo leváronse unha boa sorpresa esta semana, cando chegou ó centro un paquete postal procedente de Nova Iorque, cun remitente moi especial: a Organización das Nacións Unidas. A historia desta misiva naceu o 30 de xaneiro, cando os nenos do terceiro ciclo escribiron cartas pedindo a paz no mundo e o respecto ós dereitos humanos, e remitíronllas ó secretario xeral da ONU, Kofi Annan. Para alegría do alumnado, o responsable da organización decidiu respostar.