As Catedrais demuestra su tirón este verano tan especial debido al covid-19

s. corral RIBADEO / LA VOZ

A MARIÑA

As Catedrais, el pasado jueves
As Catedrais, el pasado jueves XAIME RAMALLAL

Es uno de los lugares ideales elegidos en Galicia para ver la lluvia de Perseidas

09 ago 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

La playa de As Catedrais y su entorno están demostrando el gran tirón que tienen para el turismo incluso en este verano tan especial debido al covid-19. Estos últimos días se agotaron las entradas, necesarias para acceder al arenal.

Hay que tener en cuenta las recomendaciones de la Xunta de Galicia. «A Xunta deseñou un protocolo de medidas de prevención fronte a covid-19 no acceso ao monumento natural, entre elas, que a baixada e subida ao areal realizarase mediante quendas, reguladas polos traballadores. A lectura dos códigos QR efectuarase respectando en todo momento a separación entre o traballador e o visitante. Recoméndase aos visitantes circular pola dereita no seu tránsito por camiños e pasarelas e recórdase que tamén será obrigatorio o usos de máscaras, sempre e cando non se poida manter unha distancia de seguridade interpersoal de metro e medio (1,5 metros) coas excepcións establecidas na normativa vixente».

«Ademais da activación da central de reservas e do establecemento de medidas de prevención -explican desde la Xunta- a Dirección Xeral de Patrimonio Natural tamén accionou o operativo especial que se encargará de controlar o acceso á praia das Catedrais durante as semanas dos

meses e verán, que é un dos períodos do ano nos que as visitas ao areal do monumento natural están restrinxidas a un límite máximo diario de persoas e sempre mediante a solicitude dunha autorización previa».

«O dispositivo despregado pola Xunta estará formado por catro auxiliares de servizo- informadores, que se encargarán de solicitar e comprobar as autorizacións dos visitantes nos accesos ao areal, catro auxiliares de servizo-peóns, que permanecerán na zona do aparcamento supervisando o acceso dos vehículos, e catro monitores ambientais que

impartirán as visitas guiadas polo monumento».

Hay que señalar además que la playa de As Catedrais es uno de los lugares ideales elegidos para ver la lluvia de Perseidas estos días de agosto junto con las islas de Ons, Cíes y Pena Trevinca.

Hay que recordar que en 2015 la Xunta aplicó un plan de conservación del monumento natural As Catedrais para regular las visitas y evitar la aglomeración.

«Detectouse -explican- que a principal ameaza para esta zona de gran valor ecolóxico pero tamén turístico, era a entrada masiva de visitantes -especialmente en tempada alta e coincidindo cos días festivos-, unha afluencia que se foi incrementando nos últimos anos debido á súa crecente popularidade. Por esta razón, a Xunta acordou establecer unha regulación do uso público deste espazo en certas épocas do ano, fixando en 4.812 persoas o límite diario de visitantes na zona do areal coincidindo cos períodos de máxima afluencia: os meses de verán e Semana Santa».

Monumento natural desde 2005, é un dos lugares máis visitados de Galicia

A Praia das Catedrais foi declarada monumento natural no ano 2005. Localizada no extremo nordeste da provincia de Lugo, na liña costeira entre as localidades de Ribadeo e Foz, trátase dun impresionante conxunto xeolóxico de 28,94 hectáreas, das cales 20 son augas mariñas.

O conxunto está presidido por arcobotantes de 30 metros de altura, todo un repertorio arquitectónico de arcos, columnas e bóvedas esculpidos polo mar que levou precisamente a bautizar o espazo entre os areais de Augasantas e Carricelas como praia das Catedrais.

A necesidade de preservar a súa riqueza xeolóxica da presión humana e a preocupación polo perigo de degradación dun espazo cun gran atractivo turístico ?de feito, é un dos lugares máis visitados de Galicia- levou a elaborar o Plan de conservación do monumento natural da praia das Catedrais, aprobado a mediados do ano 2015 logo dun proceso de diálogo e ampla participación por parte de diferentes administración, e que prevé a regulación do acceso ao areal nas épocas de maior confluencia de visitantes, é dicir, Semana Santa, os tres meses de verán e durante períodos coincidentes con pontes ou festivos.

De feito, o obxectivo xeral do Plan de conservación é facer compatible a preservación dos valores ambientais que motivaron a declaración deste espazo como monumento natural co seu desfrute público.

O resultado foi un instrumento de planificación completo que, a partir dun diagnóstico científico sobre as principais ameazas que afronta este espazo protexido, estableceu un réxime específico de usos e aproveitamentos do espazo protexido.

Esa avaliación de riscos permitiu constatar que a excesiva concentración de visitantes durante

determinadas épocas do ano representa un risco severo para a conservación dos hábitats prioritarios do monumento natural da Praia das Catedrais. Así, e como resultado das diferentes probas de carga realizadas, cifrouse en 4.812 persoas por día o límite recomendable para evitar danos. Deste xeito faise fronte non só ao risco de degradación dos valores ambientais e paisaxísticos que atesoura este espazo, senón tamén á saturación dos servizos e accesos á praia, e á percepción global do que debe constituír un espazo natural protexido.

As Catedrais é o segundo lugar máis visitado de Galicia despois da catedral de Santiago.

La Xunta dispone de un servicio gratuito de guías para las visitas a esta playa emblemática

Este verano la Xunta dispone de un servicio gratuito de guías para las visitas a esta emblemática playa del norte gallego.

«Este verán está a disposición dos visitantes un servizo gratuíto de visitas polo areal -apuntan desde la Xunta-. Estes percorridos serán dirixidos por dúas persoas tituladas que informarán aos

participantes sobre os principais valores ambientais do monumento natural. As visitas organízanse en dous grupos de 25 persoas cada un e desenvolveranse cada media hora coincidindo coa baixamar diúrna, polo que o número de pases diarios variará dependendo das propias mareas».

« En todo caso -añaden-, os guías e participantes deberán adoptar todas as medidas hixiénico-sanitarias recomendadas polas autoridades para gardar o distanciamento e seguridade social, á fin de evitar contaxios».

«Tamén un axente medioambiental estará presente na zona coincidindo coa baixamar, co fin

de advertir dos riscos existentes aos visitantes e en caso de detectar algún comportamento ou conduta imprudente, informaralles das posibles sancións ás que se enfrontan», explican desde Patrimonio Natural.