O Concello de Xove entregou os undécimos premios de fotografía da súa costa e do seu mar

La Voz XOVE / LA VOZ

XOVE

<span lang= gl >Imaxe da entrega de premios do concurso de fotografía sobre a costa e o mar de Xove</span>
Imaxe da entrega de premios do concurso de fotografía sobre a costa e o mar de Xove CEDIDA

O primeiro premio foi para Miguel Ángel Díaz Gallego pola imaxe «Luces»

03 nov 2025 . Actualizado a las 09:27 h.

O Concello de Xove entregou os premios da undécima edición do concurso de fotografía «Xove, a súa costa e o seu mar». Un certame que, segundo destacan os organizadores, cada ano «pon en valor a beleza da costa de Xove e o talento dos participantes». Os galardóns foron entregados polo alcalde, Demetrio Salgueiro, e pola concelleira de Turismo e Medio Ambiente, Cecilia Duarte.

O primeiro premio, dotado con 120 euros, foi para Miguel Ángel Díaz Gallego, pola imaxe «Luces». O segundo, de 100 euros, foi recibido por Alberto Rapa Martínez por «Remanso nocturno», mentres que o terceiro (90 euros) foi parar a Germán Paleo Navarro por «Rastro de luz».