O Monbus Obradoiro 2022/23 presentaráse na Vilagarcía Basket Cup

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Sandra Alonso

A organización resérvase para vindeiras datas a identidade do rival e o día do partido na capital arousá

22 may 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A organización da Vilagarcía Basket Cup Helena Mariño xa o adiantara antes da celebración da vixésimo quinta edición do torneo de baloncesto base que, tras dous anos de parón, volveu encher unha Semana Santa máis o recinto feiral de Fexdega de decenas de equipos procedentes de Galicia e das comunidades autónomas limítrofes. As vodas de prata do que chegou ser considerado un dos torneos sub 20 máis prestixiosos do baloncesto europeo, polo que chegaron pasar as canteiras de varios dos grandes clubs e as seleccións de formación dalgunhas das potencias do deporte da canastra no vello continente, esas vodas de prata non ían pasar sen algunha outra actividade digna de recordo.

Entre as «distintas actividades que os iremos desvelando poco a poco», en palabras dos seus responsables, a VBCup Helena Mariño fixo onte público que o partido de presentación do Monbus Obradoiro 2022/23 faráse baixo o paraugas do torneo vilagarcián. O encontro disputaráse na capital arousá, fronte a un rival que a organización do torneo dará a coñecer en próximas datas.

«Es un auténtico lujo que el cuadro de Moncho Fernández nos elija para comenzar un nuevo año deportivo. Y máxima la exigencia para la organización de la VBCup, que tratará de estar a altura en una fecha tan señalada», comentan no comunicado de prensa no que desvelaron a primeira sorpresa das vodas de prata do campionato.

Exposición retrospectiva

No mesmo documento, desde a Vilagarcía Basket Cup Helena Mariño confirmaron o xa adiantado no prólogo do combo de torneos de diferentes categorías base vivido en Fexdega a pasada Semana Santa. Coa colaboración do Concello de Vilagarcía, montaráse unha exposición que repasará a historia e recollerá os mellores momentos do cuarto de século da VBCup. A mostra instalaráse no centro da localidade coincidindo co partido do Obradoiro e poderáse desfrutar durante varios días.