O Entroido segue quente á calor das fogueiras con grandes festas en Cambados e na Illa de Arousa

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

A festa chegou ao seu ecuador con dous clásicos: o enterro do Liborio e do sardiña

06 mar 2025 . Actualizado a las 09:34 h.

O Entroido en Arousa chegou ao seu ecuador con dous clásicos: o enterro do Liborio na Illa e o enterro da sardiña en Cambados, queimando desta vota a Altri. O lume iluminou onte O Naval e San Tomé, pero aínda queda moito por arder ata o domingo neste carnaval.

En Vilagarcía queimarán á sardiña por duplicado. O sábado, ás 19.30 horas na lonxa de Vilaxoán e o domingo a partir das 18.30 horas en Carril da man do Gato Negro e con actuacións musicais.

No Grove enterrarán á sardiña o venres. A capela ardente instalarase na Praza de Arriba e ás oito da tarde sairá a comitiva fúnebre para dar un adeus que non será o último. En San Vicente continuará a festa o sábado, ás 16 horas coa actuación de comparsas na casa de cultura Ángel Vázquez Hereder e, logo, terá lugar a Queima do Vimbio.

Pola súa banda, o sábado ás cinco enterran a solla en Catoira e en Barrantes (Ribadumia) farán o propio coa galiña a partir das 19.30 horas cunha festa que rematará arredor da mesa cunha laconada no centro social.

O guinda do Entroido arousán poraa a Festa do Momo en Vilanova o domingo ás cinco da tarde, aínda que alí antes de chorar pola sardiña teñen moito que bailar polas rúas do pobo acompañados de Trump, Franco e Rajoy, entre outros. Todo está preparado, agora só falte que o tempo acompañe.