Queres coñecer como se facía unha malla tradicional? Vén o sábado a Quinteiro de Temperán

Leticia Castro O GROVE / LA VOZ

O GROVE

LETICIA CASTRO

As instalacións do Grove desenvolverá tarefas de sega, mallado e cribado para rematar cunha degustación de porquiño ao espeto

29 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Quintero de Temperán celebrará este sábado unha nova edición da súa tradicional Festa da Malla, que desde hai uns anos vense celebrando no centro de interpretación agraria de San Vicente co obxectivo de manter viva unha das tradicións máis antigas do rural, a de mallar o trigo.

Este sábado 2 de agosto, e por cuarto ano consecutivo, as instalacións de Temperán acollerán unha intensa xornada de actividades que comezará cun obradoiro de potada de augardente ás oito da mañá, unha mostra de cestaría e un obradoiro de fornada de pan a partires das once, ao mesmo tempo que dará comezo o proceso da malla, no que se realizarán tarefas de sega, mallado e cribado, e na que participará como colectivo invitado a asociación O Castro de Baión.

A programación rematará cun xantar moi acaído no centro agrario: a segunda xuntanza do porco ao espeto, que o ano pasado tivo unha excelente acollida. As actividades dispoñen de prazas limitadas, polo que é preciso reservar chamando ao 639 679 056 ou enviando correo a info@quinteirodetemperan.com.