Aprazado ata decembro o roteiro O Grove descoñecido polo mal tempo

Leticia Castro O GROVE / LA VOZ

O GROVE

Martina Miser

A xornada desvelará unha peza do século XVI de incalculable valor histórico ou o nome do arquitecto que deseñou un edificio senlleiro na vla

14 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O roteiro patrimonial O Grove descoñecido, organizado por Apatrigal e dirixido por Fran Meis para este sábado, queda finalmente suspendido debido ás adversas predicións meteorolóxicas. A actividade, que pretende descubrir aos veciños novas e descoñecidas xoias do seu patrimonio a través dunha ollada ao pasado, aprázase para o vindeiro 13 de decembro.

Durante a xornada desvelarase por vez primeira e de xeito inédito o nome dun prestixioso arquitecto que deseñou un edificio senlleiro da vila, e amosarase ao público unha peza do século XVI «de incalculable valor histórico», sinalan os organizadores, que permaneceu oculta durante cen anos. O paseo busca conectar a poboación co pasado da vila e concienciar sobre a necesidade de coidar os vestixios que aínda seguen en pe.

Para acudir é preciso inscribirse a través do correo apatrigal@gmail.com, xa que as prazas son limitadas.