Zona Aberta regala ata 500 caldeiros para a Festa de Auga en colaboración co Concello
VILAGARCÍA DE AROUSA
Os cubos poderán conseguirse presentando o ticket de compra nalgún dos comercios da asociación ou dos seus colaboradores
11 ago 2024 . Actualizado a las 20:33 h.Este sábado, a presidenta da asociación Zona Aberta, Rocío Louzán, e o concelleiro de Turismo, Álvaro Carou, presentaron a novidade que trae esta edición da Festa da Auga na praza de Galicia: o regalo, por parte da asociación, de ata 500 caldeiros de auga para a festa do 2024.
Pudendo comprar nos comercios ou hostalería asociada a Zona Aberta dende o sábado, a venda de tiques rematará o próximo martes, día no que se comezarán a regalar os cubos: «Los repartiremos, como ya pone el cartel, el martes 13 de agosto, aquí en la Plaza de Galicia, a partir de las 11 de la mañana y hasta que se acaben», asegura Louzán.
Con expectativas de poder repetilo en anos próximos, dende o Concello apoian a acción, proclamando a importancia da asociación para a economía do municipio: «É un sector moi potente da nosa economía local. Estaría ben xa empezar a pensar en ampliala», afirma Álvaro Carou.
Acompañados da venda de camisetas, bolsas e totebags para a propia Festa da Auga, a presidenta e o concelleiro posaron ante o cartel que anunciaba esta nova medida que ten como obxectivo retornar a esencia da auga do San Roque: «Gústanos moito esta iniciativa de Zona Aberta, xa que levamos varios anos intentando recuperar a orixe da Festa da Auga sen os camións de bombeiros, e cada ano estanse vendo máis cheo de pistoliñas de auga e de cubos», fala o concelleiro de Turismo.