O Museo do Gravado de Artes cede ao municipio de Funchal por seis meses a colección «La suite Vollard», de Picasso
![Ramón Ares Noal](https://img.lavdg.com/sc/u_67noLMmxfdo5W-D4vwD7v5kNM=/75x75/perfiles/310/1679132572288_thumb.jpg)
BARBANZA
![](https://img.lavdg.com/sc/o2c6JWEjiox5ONlrp0-AJOXoWB4=/480x/2023/09/16/00121694883782236586376/Foto/B_20230916_121520000.jpg)
A mostra está formada por cen láminas que o pintor elaborou entre os anos 1930 y 1936
17 sep 2023 . Actualizado a las 18:39 h.Que o Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital, situado en Ribeira, é unha institución que alberga innumerables obras de incalculable valor é unha circunstancia que, lamentablemente, no se valora na súa xusta medida na contorna onde se atopa, mais fóra da comarca e de Galicia, as súas coleccións son demandadas a nivel nacional e internacional, como demostra que dende o venres, o Centro Cultural de Investigación de Funchal, en Madeira (Portugal) expón ao público a colección La suite Vollard, que consta de cen láminas que elaborou Pablo Picasso entre os anos 1930 e 1936, e que pertence aos fondos da entidade barbancesa.
Precisamente, nos actos que tiveron lugar o venres, estiveron presentes o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, que exerce a presidencia da Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital, e Pastor Rodríguez Santamaría, que é o director do mesmo, que foron obxecto dunha recepción na Cámara Municipal de Funchal.
Xa pola tarde, procedeuse á inauguración do Centro Cultural de Investigación de Funchal, un acto ao que asistiron máis de catrocentas persoas, entre as que se atopaban, ademais do rexedor ribeirense e o responsable do museo, o presidente do Goberno de Madeira, Miguel Alburquerque: o da Cámara de Funchal, Pedro Calado.
Relación de amizade
O centro inaugurouse coa colección do Museo do Gravado de Artes, La suite Vollard, de Pablo Picasso. O alcalde de Ribeira e presidente da fundación que rexe o museo, agradeceu a decisión da Câmara Municipal de escoller os fondos da fundación ribeirense para unha cita tan importante, á que acudiron centos de persoas e as autoridades principais da rexión. Pérez Barral sinalou: «Este vai ser o comezo dunha relación de amizade frutífera entre as localidades de Funchal e Ribeira».
Pola súa banda, as autoridades lusas agradeceron a presenza do rexedor e do director do museo e comprometéronse a compartir fondos das entidades culturais madeirenses con Ribeira.
A serie permanecerá en Funchal durante seis meses, para ser visitada polo público, e foi cedida gratuitamente pola Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital. No protocolo de cesión que firmaron ambas institucións establécese a posibilidade de ampliara a estancia da obra na cidade portuguesa, pero para elo é necesario que a Cámara o solicite trinta días antes da finalización do primeiro prazo.
O cento de pezas que compoñen a mostra teñen unha historia que as revaloriza aínda máis, se cabe, xa que foron estampadas no taller de Roger Lacourière, en París, e están agrupadas en secuencias parellas: Violación (cinco pranchas de 1933), El estudio del escritor (46 cadros, dos que corenta foron gravados do 20 de marzo ao 5 de maio de 1933 e os outros seis, entre xaneiro e marzo de 1934); Rembrant (catro pranchas feitas do 27 ao 31 de xullo de 1934), El minotauro ciego (15 gravados elaborados do 17 de maio ao 18 de xuño e do 22 de setembro ao 22 de outubro de 1933), ás que se suman 27 composicións de tema libre e tres retratos de Ambroise Vollard.
A xénese da colección sinala que La suite de Vollard é unha serie de técnicas gráficas moi variadas «pues se dan cita el buril, aguafuerte, aguatinta, aguada y puntaseca, que incluso en algunas ocasiones parecen combinar como en otro tiempo lo hicieran expertos grabadores de la talla de Crispin van der Boeck».
Por outra banda, a serie que está a disposición do público, polo menos ata mediados de abril do 2024, está considerada «la quintaesencia del dibujo llevada al grabado», o que da fe dos tesouros que acubilla o inmoble situado en Artes (Ribeira)