«O alcalde viviu de ofrecer á xente proxectos irreais»

Antonio Longueira Vidal
Toni Longueira CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Critica a Muíño por prometer «un polígono privado ilóxico dado o actual marco económico»

13 abr 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Ten 29 anos e afronta as municipais do 22 de maio como un novo reto persoal. «Fai catro anos comecei cun proxecto collido polos pelos, pero agora tanto o partido como eu sabemos o que queremos e o que lle podemos ofrecer aos veciños de Cabana», explica David Cancela García, candidato del BNG á alcaldía cabanesa e docente de profesión.

-Nótaselle ilusionado.

-É certo, temos moitas iniciativas que levar adiante, e espero conseguir o apoio dos votantes para poñelas en marcha.

-Pero é consciente do peso do PP.

-Preséntome para gañar, esa é a premisa miña e do BNG. Pero senón fose posible, gustaríame que o partido pasase a ser a segunda forza en importancia. Iso suporía un paso cualitativa e cuantitativamente importante.

-¿Cal é a súa opinión sobre a política do actual equipo de goberno?

-O alcalde viviu de ofrecer á xente proxectos irreais. ¿Como se pode entender que prometese un polígono industrial privado de dous millóns de metros cadrados que xerarían uns 5.000 postos de traballo co actual escenario económico de crise? ¿Alguén cre isto? Sinceramente é unha das moitas promesas incumpridas do PP.

-No último pleno ordinario deixou caer que o PP beneficiaba ás areas costeiras en detrimento das interiores.

-Claro, paréceme ben que se saque unha área recreativa no litoral, pero tamén hai que facer sendas peonís nos ríos. E iso é o que queremos, vertebrar políticas para todos os residentes de Cabana.

-¿Que opina sobre o estímulo turístico do que tanto se está a falar?

-É un dos piares básicos da economía. O alcalde, José Muíño, non foi quen de unir a hoteleiros e hostaleiros para levar a cabo proxectos e iniciativas comúns. O BNG cre que todo plan económico debe de levarse a cabo de forma conxunta cos profesionais do sector, porque eles saben mellor ca ninguén como traballar e impulsar o turismo na localidade.

-O BNG fala de impulsar políticas de estímulo de emprego. ¿Como?

-Facendo un polígono acorde ás necesidades das empresas e non en función dos proxectos megalómanos do señor Muíño. Os emprendedores cabaneses só queren solo industrial a baixo prezo e boas comunicacións; e iso non se fixo nos últimos catro anos de mandato do Partido Popular.

A favor, con matices

En contra

A favor

A favor

Depende das circunstancias de cada caso, por iso non opino

En contra

Non opina

En contra

En contra

Os percebes

Por sorte gústame todo

Mencía

Auga

Os percebes

A raia

Saab 93 Sedán

Si

Do Barça. Fun antes do Barça que do BNG

Suso del Toro

Leo de todo, non teño preferencias

Braveheart

El Gran Wyoming

Denzel Washington

Maribel Verdú

Amaral

Gústame de todo, non teño preferencias

O Internado