Letras Galegas e máis: a festa segue este sábado na Costa da Morte

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

De Vacas actúa esta noite na Laracha: 22.00 horas, de balde
De Vacas actúa esta noite na Laracha: 22.00 horas, de balde PEPA LOSADA

Axenda diaria | Numerosas localidades acollen hoxe propostas culturais e de lecer: ¡bota un ollo! 

18 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Pasou o 17 de maio, o día das Letras Galegas, mais a conmemoración de letras e lingue segue na Costa da Morte. A comarca non acolle este sábado só actos desta índole, senón tamén outros, particularmente varias verbenas. Anote: 

A laracha

Concerto de De Vacas e teatro. O concerto de De Vacas é un dos actos principais nas Letras da Laracha. Será esta noite, ás 22.00, na Praza Les Sables d’Olonne, con acceso gratuíto. Traen a sua xira «Rebovinas Divas Live». Ritmos de referentes con letras adaptadas á retranca galega. Un pouco antes, ás 19.00, na Casa da Cultura, actúa o grupo de teatro adulto, con «Risoterapia». Entrada de balde.

CORISTANCO

Concerto das Letras. No Edificio de Servizos Múltiples, ás 19.30, coa Coral Santa Cecilia.

Cee

Concerto da Banda de Música. Ás 21.00 horas, no auditorio Baldomero Cores. Un escollido repertorio no que a música galega e a poesía de Luísa Villalta serán as protagonistas. A soprano Gemma Román, o acordeonista Álex Castro ou a Escola de Teatro sumarán talento a esta proposta.

Banda de Música de Cee, en una imagen de archivo
Banda de Música de Cee, en una imagen de archivo José Manuel Casal

Corcubión

Procesión Luísa Villalta e máis. Saída ás 12.00 da Casa da Cultura, comitiva musicada polas gaitas de Pedras Miúdas. Hai código de vestimenta: roupa floral. Colaboran Xaldón, Boca de Sapo, Escola Infantil, Madrugadoras e A Mesa. Ás 13.00, no Campo do Rollo, presentación do libro «Alma de violino», por Laura Suárez, Beatriz Maceda e Eli Ríos. Finalmente, no Campo do Rollo, de 16.30 a 19.30, Música e Letras, organizadas pola Universidade Popular. Exposición e venda de libros infantís, tarde de debuxo e pintura, e actuacións de Paparrucheiras, As Xaviñanas e As Rinchonas. Todo, con acceso libre.

Ponteceso

Visitas ao Melga. Horario especial no Museo Etnolúdico: de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.00 horas.

Baio

Obradoiro para nenos. Nas Torres do Allo, ás 16.00, taller artístico para rapaces de 4 a 10 anos. Gratuíto, mais con inscrición.

Las Torres do Allo, en Zas
Las Torres do Allo, en Zas ANA GARCÍA

CAMELLE

Danza na Rúa. Ademais de en Mazaricos, avanza hoxe en Camariñas o Programa Escora de Danza. Ás 19.00, na Praza da Igrexa, preestrea de «Ruar», do colectivo Vacaburra, que ten feito residencia artística en A Casa no Alto. Estrea, tamén, de «Extender como si pudiera», de Julia Laport. Finalmente, ás 19.45, pandeireteiras Mar Devalado. En caso de chuvia iríase ao Museo Man de Camelle.

Laxe

Presentación literaria. Ás 18.00 horas, no Museo do Mar de Laxe, presentación da segunda novela de Lola Rontano, «Esperta do teu sono». Lola é veciña de Laxe dende o 2005. A cita forma parte das Letras Galegas municipais.

Vimianzo

Clausura da Escola de Música Tradicional. Se o pasado sábado foi a quenda da Escola Municipal de Música Contemporánea, este serao da de Música Tradicional. Están en marcha as clausuras de curso destas entidades, e soben ao escenario todo o aprendido ao longo do ano. A cita desta tarde será ás 19.00 horas, no auditorio da Casa da Cultura, a xeito de festival. O acceso é gratuíto, mais hai que retirar entrada dende 60 minutos antes do arranque do acto, na propia Casa da Cultura.

Recunchos de verán. Primeira das rutas impulsadas polo Concello, hoxe polos Segredos do Val de Vimianzo. Saída ás 09.30, co previa inscrición vía formulario.

Cerceda

Festa da Terceira Idade. Como xa se ten feito noutros concellos, homenaxe aos maiores. Ás 14.00 horas, no pavillón de Limeisa.

Festas en As Encrobas. Misa ás 13.30 e vermú con Zona Cero: tamén se encarga da verbena.

Festas en A Silva. Sesión vermú a cargo do dúo Dilema e verbena con Impacto, DJ Bermúdez e Grupo Orixe. Todo, baixo carpa.

Carballo

Liga de Regueifa. As 20.00 horas, na cafetaría do mercado, novo partido da Liga de Regueifa. Acuda como público e non lle faltará entretemento. Improvisacion oral!

BASILIO BELLO

Festas en Berdillo. Macrosesión vermú con Foliada e disco móvil Impacto: DJ David Bermúdez, Sara Pose e Diego Mariño. Ás 22.30, verbena con Foliada, Meca CDC, Adrián Gold e Traffic House.

Zas

Fin da Mostra Labarta Pose: teatro. Acolle o auditorio de Zas, ás 21.00, a última das cinco obras da sétima Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose. Trátase de O traballo de Andrea, do colectivo cultural Ollomao (Barreiros).

Fisterra

Festas do Bo Suceso. Comezo ás 19.00, coas charangas O Son dos Michos e Santa Compaña. Ás 22.30, na ruá Arasolis, verbena con Son 2 e CDC. Están previstos fogos de artificio para as 00.30.

camelle

Festas do Espíritu Santo. Pasarrúas coa Banda de Música Eduardo Pondal. Misas ás 09.00, 11.00 e 13.00. Macrosesión vermú co grupo Unión y Fuerza.

Dumbría

Santa Lucía en Olveira. Misa ás 10.00, 11.00 e 13.00. Sesión vermú con La Bamba e verbena con La Bamba e disco LB. Tamén, Rokiño.

Varias localidades

Sábado de baile. No salón de actos de Cee, ás 19.00, con Ana Cristina. No centro sociocultural de Paiosaco, ás 18.00 horas.