Budiño, un soño feito realidade no Bela Fisterra

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

O artista presentou o seu último disco, Branca Vela, nun íntimo concerto no que non estivo só

11 mar 2025 . Actualizado a las 19:34 h.

«A este sitio chamámoslle Bela Fisterra, pero podemos chamarlle Hotel dos Soños. Xa hai un tempo soñamos que Budiño [Xosé Manuel] tiña que vir coñecernos e tocar no mar da fin da terra. Aquí está, e nós encantados de que aceptara», dixo Pepe Formoso, responsable do Bela Fisterra, ao inicio do concerto, para dar a benvida «nunha noite inhóspita para o resto do mundo, para os galegos un día máis». Aludía ao tempo, mais a luz das candeas, e o que logo viría, caldeou o ambiente festeiro. Foi un concerto íntimo, con peso do disco Branca Vela, mais Budiño non chegou só, senón con talento da Costa da MorteTania Caamaño, de Berdoias (Vimianzo) e Fran Barcia (Camariñas)—, entre outros convidados como Andrés R. Boutureira. Houbo cantigas, houbo gaita, moita pandeireta e sentido baile, con bailadoras no público como Icía Varela (Cerqueda), de par do técnico Isma. En primeira fila, tamén, outros artistas como Fernando Fraga.