Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Danza, teatro, clown, música e un sinfín de motivos polos que facer vecindade

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Vén intensa esta xornada de 5 de abril na Costa da Morte. Tome nota das propostas

05 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Ademais da Atlantic Games Conference en Carballo ou da dobre cita divulgativa e literaria no Casino 1998, tamén na capital de Bergantiños, estas outras propostas para hoxe, sábado, na Costa da Morte

Carballo • Comida solidaria do cancro • Organiza a xunta local carballesa da AECC. Ás 14.30, no restaurante Punta del Este. Con DJ e sorteos.

Carballo • DanzaÁs 20.30, no Pazo da Cultura, espectáculo Together to get there, de Lali Ayuadé. Entradas en billeteira.caballo.gal, ou no propio Pazo dende as 19.00.

VimianzoTeatroÁs 20.30, na Casa da Cultura, Reconversión, con Ibuprofeno Teatro. Entradas en ataquilla.com ou no edificio, dende as 19.30.

Cee • Comedia clown • Avanza a Primavera Cultural (20.30) con A vida é un frenesí, comedia clown para todos os públicos, que trata o paso do tempo, a familia ou a actualidad sociopolítica, todo en clave de humor. Entradas en ataquilla.com ou ben na Casa da Cultura, hoxe: 12 euros.

Zas e Cerceda • Baile social • Mudan de horario as sesións de baile para maiores en Zas para adaptarse ao verán. Hoxe, de 20.00 a 23.00, actúa Blanca Doble no centro sociocultural. En Cerceda —edificio do Moucho— será ás 19.00.

Varias localidades • Reunións asociativas • Santa María da Ardaña (Carballo) organizou para hoxe no centro social unha Pulpada: vermú ás 13.00 co DJ Sebas, xantar e animación toda a tarde. A comisión de Paiosaco, do seu lado, festexa a segunda Feira de Abril, das 13.30 en adiante. Tamén se reúne nunha comida-baile a comisión de San Xurxo de Camariñas: carpa no CEIP O Areal. O Comité de Irmanamento de Carballo con L’Isle Jourdain promove la Escola de Arrabaldes unha sesión de anécdotas e receitas italianas coa escritora e artista Fabiana Gastaldello: 16.00 para adultos e 18.00 para familias. En Ponteceso, a asociación de veciños Os Seixos (Tella) promove a terceira edición do encontro Eu fun a EGB: 23.00 horas, «cos mellores DJ da Ponte»ey ata photocall dos anos 80 e 90.

Cabana • Concerto • Impulsa a asociación cultural Cormoráns, co apoio do Concello. Ás 19.00, con entrada de balde no auditorio municipal, actuación dos grupos Full System e Retro Tool, dúas das formacións musicais da academia carballesa English Rocks.

Preparándose para os Días Europeos de Artesanía

A sede da Fundación Pondal, no Couto, Ponteceso, ten por diante intensas xornadas. Hoxe, xunto con Malpica e Carballo, será unha das localidades acolledoras dunha nova actividade do Centro de Formación e Recursos do Profesorado (CFR), que xunguirá as artes de Díaz Pardo, Urbano Lugrís e a arte urbana de Carballo. Doutra banda, para mañá, no Couto, está prevista a conmemoración dos Días Europeos da Artesanía, como se fará noutros puntos de Galicia. Neste caso, de 10.00 a 14.00, o que haberá é un taller de modelado de barro con Feituras.