Vimianzo presume de patrimonio para a súa Semana Santa

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

Os Quinquilláns, nunha visita teatralizada ao castelo de Vimianzo
Os Quinquilláns, nunha visita teatralizada ao castelo de Vimianzo BASILIO BELLO

Volven as visitas guiadas e teatralizadas, ademais da mostra de artesanía en vivo no castelo

06 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Como xa vén ocorrendo nos últimos anos, o Concello de Vimianzo fai do patrimonio un dos piares da súa programación para tempos vacacionais, e así volverá ser na Semana Santa. O castelo, como tamén é habitual, será un dos epicentros, con exhibicións de artesanía en vivo do 12 ao 20 de abril, en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.30 (o luns é día de peche). Tamén na fortaleza haberá visitas guiadas: o 12 e 13 de abril, ás 11.00, 16.00 e 18.00 horas; o 15 e 16 de abril, ás 11.00 e 18.15 horas, e do 17 ao 20 de abril, ás 11.00 e 18.00. Viaxar ao pasado, a outros tempos do castelo, será posible mediante as visitas teatralizadas que ofrecerá o grupo Os Quinquilláns, cos seguintes pases: o 17 de abril, ás 12.30 e 17.00 horas; o 18, ás 17.00; o 19, ás 12.30 e 17.00; e o 20 de abril, ás 12.30. Todas as propostas, tamén as visitas guiadas a outros puntos do municipio, serán gratuítas, mais con inscrición previa a través de formulario web.

Outras visitas guiadas

Aos Batáns e Muíños do Mosquetín, o 15 e 16 de abril, ás 12.30 e 13.30 horas; e do 17 ao 20, ás 13.30 e 18.00. Ao dolmen de Pedra Cuberta haberá visitas o 15 e 16 de abril, ás 17.15 horas. Ao castro das Barreiras, dos días 15 ao 20, ás 16.00. Finalmente, o porto de Cereixo poderase visitar tamén do día 15 ao 20 de abril, pero ás 19.30 horas.