Moitas propostas para este martes na Costa da Morte

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

ANA GARCÍA

Esta semana conmemórase o Día do Libro en moitos concellos da zona

22 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Esta semana conmemórase o Día do Libro en moitos concellos da zona. En Cee, dende onte pódense levar libros dos fondos descartados da biblioteca. En Dumbría, hoxe haberá un obradoiro de títeres con calcetín a cargo de Galitoon, na biblioteca de Berdeogas ás 18.00 horas. En Cabana, tocará Batucado y Esmosín, ás 17.00, na biblioteca María Baña.

Xa en Corcubión, este martes a biblioteca municipal acolle ás 12.00 a Os ratiños de lonxedetodo, de TrinkeTrinke Teatro. De outro lado, no IES baiés Maximino Romero de Lema, Óscar Reboiras presenta hoxe (12.45) o seu libro A agonía das folerpas para estudantes de primeiro de bacharelato.