O troco volve a Quenxe e outras moitas citas este venres na Costa da Morte

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

Rodrigo Costoya presentará esta tarde novela en Espazo Lector Nobel, en Carballo
Rodrigo Costoya presentará esta tarde novela en Espazo Lector Nobel, en Carballo ADRIÁN BAÚLDE

Presentacións literarias, concertos, teatro, proxeccións, exposición... toma nota do que vén este 23 de maio

23 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • As tres asociacións parroquiais de San Pedro da Redonda, en Corcubión —AAVV Lugar de Quenxe, San Roque e San Pedro— darán continuidade hoxe, venres, ao proxecto A feira achégase ao cole. Neste caso, en O cole achégase á feira, escolares do CEIP Praia de Quenxe poderán gozar de distintas actividades que aínda perviven nas aldeas do municipio. Na de Quenxe, mesmamente, visitarán cortes e animais, verán como se moxen vacas, e poderán degustar produtos feitos pola veciñanza, como roscas, tortillas, empanadas ou chulas. Tampouco faltarán o leite e iogures de Granxa Moreira. Por se fose pouco, empregarase de novo o troco, tendo como moeda de cambio debuxos feitos pola propia veciñanza, nalgúns casos por maiores, sumados ao proxecto con moita ilusión. Colexio e ANPA Alén achegaron tamén forzas á organización.

CercedaConcluirá esta tarde a programación municipal en torno ás Letras Galegas, e farao co espectáculo 586 cantos, no auditorio municipal, ás 19.00. Tributo ao traballo de Dorothé Schubarth, a sesión inclúe audiovisual e música en directo, con artistas nas súas filas como Richi Casás, neto de Rosa Casás, da Vila da Igrexa, unha das homenaxeadas este 17 de maio.

Basilio Bello

Carballo • Ás 19.00 horas, na biblioteca Rego da Balsa, presentación da obra Alzhéimer de lirbo, de José Manuel Pérez Pena. Entra de cheo nesta enfermidade, que viviu coa súa nai. O recadado coas vendas irá para Afaber. Tamén en Carballo, ás 20.30 no Pazo, obras De-función e Imos de acampada, coa Escola Municipal de Teatro de Oroso: promove o grupo de teatro Vagalume Animación.

Entre unha cousa e a outra, ás 19.30, na libraría Espazo Lector Nobel, o escritor compostelán Rodrigo Costoya dará a coñecer un dos seus máis recentes traballos, a novela El siglo del milagro, editada en galego e castelán pola editorial Pâmies. A cita será no número 11 da rúa da Igrexa.

VimianzoDas 10.00 horas en adiante, primeira edición das Olimpiadas Sénior na Praza do Concello, colofón ao programa municipal Actívate, para maiores de 60 anos. Cita cos xogos tradicionais, unha xornada lúdica.

A LarachaEn Caión (antiga reitoral) e Paiosaco (centro sociocultural), dende hoxe ás 17.00 horas poderanse ver os traballos feitos nas actividades da programación municipal deste curso. Visitas de 17.00 a 20.00 horas, ata o domingo. Doutro lado, na Casa da Cultura da Laracha (22.00 horas), avanzará o Festival de Humor con Manuel Maquiña e Pepo Suevos. Entradas a 10 euros na Casa do Concello ou antes da cita.

Manuel Manquiña
Manuel Manquiña .

FisterraÁs 18.30, no Bela Fisterra, inauguración da exposición Ruta dos peixes e dos faros, do colectivo Retoque Retro. Poderá visitarse aquí durante todo o verán.

CoristancoNa biblioteca, ás 20.30, presentación da obra Vestidos de organdí, da autoría de Pura Tejelo. De balde.

MuxíaÁs 21.00, no cámping Lago-Mar, final do primeiro concurso de monólogos.

CeeConclúe a segunda Semana das Artes Escénicas do IES Fernando Blanco, coa proxección ás 12.00 horas da peza Deus. Para escolares.