
A Costa da Morte non é só paisaxe, é sabor, tradición e innovación nun prato
31 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A gastronomía da Costa da Morte é o reflexo da súa natureza brava e fértil que mestura tradición, innovación, compromiso co quilómetro cero, cociña de mercado e sostibilidade. A nova cociña, da man de xóvenes valores, aporta talento e innovación respectando as raíces e os sabores tradicionais, empregando produtos de horta, mar e gandería de máxima calidade. Porque aquí, o mar fornece percebes, centolas e peixe fresco, mentres as hortas locais e as carnes de gando completan unha despensa excepcional, variada e de enorme calidade.
O proxecto Os fogóns do Anllóns, no norte do territorio, recolle todos este conceptos e, promovendo a sostibilidade, recuperando cultivos autóctonos e técnicas tradicionais, busca configurar unha marca de calidade gastronómica reducindo a pegada ecolóxica. Se a todo isto lle engadimos un futuro prometedor que pasa por explorar a despensa submarina, o potencial gastronómico da zona é enorme. A Costa da Morte non é só paisaxe, é sabor, tradición e innovación nun prato.