Touriñán esgota entradas para este venres de FIOT en Carballo 

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

Xosé Antonio Touriñán, nun momento do seu monólogo «Aquí tou!»
Xosé Antonio Touriñán, nun momento do seu monólogo «Aquí tou!»

Axenda diaria | O seu monólogo é unha das citas do día, mais non a única neste festival nin moito menos na Costa da Morte

03 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Venres 3 de outubro e bota a andar a programación de sala do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT. Debería ser con Territorio regueifa, mais a baixa médica de Josinho da Teixeira impídeo, polo que Aquí tou!, de Xosé Antonio Touriñán, tamén coa produtora Ainé, será o espectáculo que dea arranque a un dos programas máis agardados en Carballo. Tanto así que Aquí tou! xa esgotou prazas. O texto, de José L. Prieto e o propio Xosé A. Touriñán, percorre con humor e emoción os momentos clave da vida do actor. Unha viaxe entre realidade, ficción e, ante todo, cultura popular galega: 21.00, no auditorio do Pazo.

Tamén dentro do FIOT, no apartado Teatro de Rúa, visitará hoxe a localidade Pista Castro, con Sen patrón: 19.30, na Praza. A Rúa dos Contos fará parada no café Valle Inclán: Chegar e encher, con Bea Campos (23.00). Xestión de entradas en ataquilla.com.

CercedaBota a andar Cerceda Tapea, iniciativa do Concello con tapas a 2 euros. Hoxe, de 19.00 a 22.00, na Taberna (Cerceda), A Estación (Queixas), O Estanco (Meirama), O Parque (Cerceda) e O Tío Pepe (Cerceda). Con cada tapa, un rasca para agasallos e sorteos.

VimianzoO ciclo Mestre Mateo inclúe para as 20.00 na Casa da Cultura unha proxección de curtas: Nai, Véxote, Pura. De balde.

LaxeNa libraría Risón, ás 19.00 horas, presentación do libro Punto de araña, de Nerea Pallares (Galaxia, Premio García Barros 2025).

OrdesO cercedense Ramón Vilar Landeira presenta esta tarde, ás 20.00 no Museo do Traxe de Ordes, a súa publicación Nós estamos ben, non? (Espiral Maior). Estará acompañado da presidenta da Manocumunidade de Ordes, Susana García, e do escritor e editor Miguel A. Fernán Vello.