Samaín na Costa da Morte: todas as propostas para este venres

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

Ana García

Este 31 de outubro é día de medo terrorificamente divertido, sobre todo para os mais nenos: ¡anote! 

31 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • O Samaín acapara a meirande parte da axenda de hoxe na Costa da Morte, aínda téndose cancelado o roteiro previsto dende Dombate a Borneiro, debido ao mal tempo. Así será en todos estes lugares:

Carballo • Veñen por diante un bo número de días con actividades infantís. Hoxe, na biblioteca Rego da Balsa e para nenos a partir de 4 anos, En Samaín toca... maxia! Está programado para as 17.30 horas e cómpre ter reserva de praza. Tamén en Carballo, de 17.00 a 20.00 na Praza ou no mercado se chove, o CCA instalará unha carpa para facer entrega de tiques e letras por parte daqueles clientes que desexen participar na campaña Truco ou trato? Sortearanse (luns) seis cheques de 50 euros cada un.

MalpicaO ritmo de venda de entradas dá boa conta da acollida desta cita que hoxe se celebrará en Finca Aldeola (Malpica). Propoñen para as 21.00 horas un Samaín Fest con algúns dos mellores DJ da Costa da Morte (Drewkorme, DJ Roy ou DJ Ariax), xunto co nacional Fernando Moreno. Venda de billetes en liña a través da plataforma woutick.es.

A LarachaNo Museo dos Muíños de Golmar, de 11.00 a 13.00 horas e para nenos a partir de 4 anos, xincana do terror, xogos, música e obradoiro de maquillaxe terrorífica. Preferiblemente, os pequenos han de ir disfrazados (e terse inscrito!).

MuxíaNo Samaín de Muxía terán algo de todo, incluso plan B por se chove, na sala Gervasio Sar. Recuperada o ano pasado, será icónica a procesión da Santa Compaña que partirá ás 20.00 horas dende a biblioteca. No Cabo da Vila, ás 20.45, Teatro Gazafelhos representará Historias para escagarriñarse de risa. Ao remate entregaranse os premios do concurso de cabazas terroríficas, novidade no programa municipal. Máis de noite aínda, ás 23.00 no cámping Lago-Mar, Horta Creativa programou unha Festa de Samaín fin de tempada: concertos de Noite Fechada, Cuernicornios e Choriso Criollo.

CeeQuen dixo medo?, espectáculo de movemento ambientado nas historias da noite do Samaín: 19.00 horas, no auditorio Baldomero Cores, para público familiar. De balde. Tamén en Cee, a comisión de festas da Xunqueira promove un Oktoberfest en carpa terrorífica ao lado de Facenda: amaniza Disco CDC.

FisterraDa man do Concello, ás 17.00, no mercado cultural, espectáculo En Samaín toca... Logo, festa de disfraces. Despois, dende as 19.15 horas e por case trinta comercios da vila, percorrido «Truco ou Trato» promovido por Rapacollóns.

CamariñasConcello e comisión de festas promoven unha festa infantil no pavillón Víctor Vigo, de 17.00 a 20.00 horas. Inchables, taller de momias, pasarela de disfraces, DJ’s... E ata unha comida de medo!

DumbríaNas bibliotecas de Berdeogas e Buxantes, obradoiros infantís de 16.00 a 20.00 horas. Para pequenos de entre 3 e 12 anos.

LaxeCine no salón de actos, organizado por alumnos do CPI Cabo da Area: Supermonstruos ás 17.00; Monster House ás 19.00 e Terrifier 2 ás 21.15. Opción de palomitas, refresco, auga e algodón de azucre.

CorcubiónÁs 19.30, no Cárcere Vello, Contos para caghar patatillas, con Brais das Hortas. Música, contos de medo e diversión para todos.

Raquel Queizás
Raquel Queizás

ZasCampamento de actividades, de 10.00 a 14.00 no centro sociocultural de Zas, proposta para nenos de 3 a 12 anos, pero tamén vía de conciliación para familias. É preciso estar anotado. Organiza o Concello.

CormeActividades «terroríficas» coa asociación Eduardo Pondal, a primeira un «doce ou trato» a partir das 19.00. Para algo antes, con saída ás 15.30 dende a Fonte do Campo, Insua de Viastela promove unha andaina pola biodiversidade, dende Corme ata A Ermida: daranse landras. 

CoristancoÁs 11.30, na biblioteca, narración oral con Raquel Queizás: O eco das pedras. Lendas e mitos.

VimianzoDe 10.00 a 14.00 horas, da man da ANPA San Vicenzo e Caracole, campamento de Samaín con opción de madrugadores se se precisa.