Axenda diaria | Busca que facer este 9 de novembro na Costa da Morte? Aquí ten a axenda
09 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe • As Xornadas Micolóxicas de Pan de Raposo, en Cee, botarán hoxe o peche nunha nova xornada de exposicións na Casa da Cultura: de 10.30 a 13.30 e de 16.30 a 19.30, con visita guiada ás 12.00 horas. Ademais, Castro Marcote ofrecerá ás 17.30 a conferencia Boletus s.1. En La Marina e As Viñas ofrecerán petiscos de cogomelos. En Fisterra, nas 11.ª Xornadas Micolóxicas na Fin da Terra, está prevista unha exposición de exemplares de 11.00 a 14.00 no porto. Irá acompañada da degustación de pratos: de chover, no mercado.
Fóra destas citas de outono, o Concello de Dumbría entrega hoxe ás 12.00 no Conco os premios do seu concurso de fotografía e en Camariñas botará a programación municipal polos 135 anos do afundimento do Serpent. Farao no faro Vilán, coa función Naufraxios, un proxecto creado por aAntena Teatro que cumpre un decenio: 20.00 horas, con entrada libre ata completar aforo. E teatro terán asemade por Cabana, unha cita familiar prevista para as 18.00 horas no auditorio municipal: Rogelio, un payaso en recuperación, a cargo de AsSircópatas. Finalmente, se queren baile, no mercado de Fisterra ás 19.00: ameniza Claudia Zurita.