«Que me digan como queren esas conversas, en privado ou na taberna?»

Antonio Longueira Vidal
Toni longueira CARBALLO / LA VOZ

CEE

Ana Garcia

UN AÑO DE CORPORACIONES | ENTREVISTAS A LA ALCALDESA DE CEE, MARGARITA LAMELA, Y A LOS PORTAVOCES DE LA OPOSICIÓN | «Nunca digo nada que non sexa certo. Houbo reunións entre Independentes, PP e C's para facer unha moción de censura», dice la regidora

07 jun 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Margot Lamela Louzán (1970) é alcaldesa de Cee dende xuño de 2019.

-Que balance fai deste primeiro ano de goberno municipal?

-Foi un ano con moito traballo, pero, en xeral, foi positivo.

-Que destacaría?

-O traballo tanto político como o do persoal municipal que se levou a cabo durante todo o ano, pero de forma especial durante o estado de alarma. Falo, por exemplo, dos convenios para a reforma do centro de saúde, que era algo primordial, as obras no repetidor de Lires, cuxa acta de replanteo firmarase a vindeira semana, a acometida no repetidor de Sembra, vaise a iniciar as obras de mellora no subministro eléctrico no polideportivo... Hai tamén obras pequenas, pero tamén importantes, como a rampla de acceso ao polideportivo municipal, levamos a traída ao campo de fútbol, ao cemiterio, á escola unitaria da Pereiriña... Son actuacións básicas, pero moi necesarias, que levaban anos paradas e sen executarse.

-Como afectou o covid-19 ao plan de traballo?

-Co traballo que viñemos facendo ao longo do ano e tamén durante o estado alarma, todo o que tiñamos máis ou menos programado vaise facer. Refírome a que aínda que os trámites administrativos e burocráticos estiveron paralizados, dende o Concello e o goberno traballouse para ir adiantando expedientes, que agora sairán adiante.

-Como leva traballar cun goberno en clara minoría. Na oposición falan de falla de diálogo.

-Iso non é certo. En Cee hai plenos todos os meses, hai comisións, que son os foros para o debate. Durante o estado de alarma falei con eles por teléfono, por wasap, tivemos unha xuntanza presencial entre voceiros, tivemos unha reunión por vídeo conferencia e a partir do 17 abril volvéronse a convocar as comisións e os plenos. Tivemos dúas comisións de traballo. Non sei que máis queren na oposición de diálogo. Que me digan como queren que sexan as conversas? En privado ou nunha taberna? E con respecto á moción de censura, non o saquei eu. Houbo reunións para abordar unha moción de censura. Margarita Lamela nunca di nada que non sexa certo. Agora piden un pleno extraordinario [para abordar o tema dos equipos de ozono] porque me enterei das reunións. Non digo que o BNG participase nesas conversas, pero Independentes, PP e Ciudadanos mantiveron esas reunións.

Algo positivo. «Do que estou máis orgullosa é de firmar dous convenios para o arranxo do centro médico de Cee. Levar a traída ao cemiterio e ao campo de fútbol. Nin Antonio Domínguez nin Ramón Vigo foron capaces de facer nin sequera iso. Levar a acometida ao repetidor de Sembra, que é algo comprometido do 2006 tralos incendios, e poder arranxar o repetidor de Lires, que o temos funcionando cun xerador. Levaban os veciños máis de vinte anos sen dárselles unha solución para o repetidor de Lires.

Algo negativo. «Gustaríame axilizar a segunda fase da traída da Pereiriña e poder continuar as actuacións polo resto de lugares ata chegar a Lires, pero é evidente que será unha obra un pouco a máis longo prazo».