
O prazo para reservar praza para cursar estudos de bacharelato o vindeiro ano xa está aberto
21 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O instituto Agra de Raíces de Cee, que festexa este ano o seu trixésimo aniversario, celebrou onte unha xornada de portas abertas dirixida ao alumnado de ESO que estea interesado en facer alí o bacharelato, proveña de centros adscritos ao Agra ou non.
Ditas institucións adscritas son o CEIP do Pindo, o Santa Eulalia de Dumbría, o Vila de Cee, o Nuestra Señora del Carmen de Fisterra, o Manuela Rial, o IES Fin do Camiño fisterrán, o Lamas de Castelo de Carnota e o Ramón Caamaño muxián.
O prazo de solicitude de reserva de praza, informan dende o instituto ceense, xa está aberto para ditos centros e pódese formalizar ata o 4 de febreiro por vía electrónica.