Concertos da Deputación da Coruña en Cee e Vimianzo

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CEE

A Banda da Loba actuará en Cee
A Banda da Loba actuará en Cee soninha

Serán os días 11 e 21 de xuño, no marco das celebracións provinciais polo Día da Música

27 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A Deputación conmemorará o Día da Música cun ciclo de concertos por toda a provincia. Serán no mes de xuño e dous deles celebraranse na Costa da Morte. Comezarán o 11 de xuño co espectáculo A cadeira da avoa, de As Tareixas, que se poderá ver no auditorio de Vimianzo ás 11.00. Ademais, a Casa da Cultura de Cee acollerá o 21 de xuño (22.00) unha actuación de A Banda da Loba.