O ceense Rafa Vilar gaña o Avelina Valladares

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CEE

Este galardón súmase a outro ben recente, o quinto Realia de Tradución Literaria por «A tolemia»

04 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Presentada baixo o lema Anise K, a obra Ferida Aberta, de Rafa Vilar (Cee, 1968), foi elixida por unanimidade gañadora do XXIX Premio de Poesía Avelina Valladares, convocado polo Concello da Estrada. O xurado non tivo dúbidas. Despois de revisar os orixinais presentados (39), destacou a calidade literaria do poemario que, «a través da sinxeleza dos seus versos, consegue construír un universo poético íntimo e delicado, evocador e cheo de matices». Salientaron que «o poemario transita pola dor e a esperanza, o amor, a perda, as luces e sombras do cotiá, creando para quen le esa fonda necesidade de tocar a terra». Este galardón súmase a outro ben recente para Rafa Vilar, a finais de xullo, o quinto Realia de Tradución Literaria por A tolemia.