En Corcubión reprogramaron outra obra para este sábado: a comedia «Veredicto», da compañía Camtheam
29 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O Concello de Corcubión vén de anunciar a suspensión da representación prevista para este sábado no marco do Circuíto de Teatro Amador. Tratábase de Brincacontos, de Andaravía Teatro, mais no seu lugar o público poderá gozar da obra Veredicto, unha comedia «ácida e feminista» da compañía Camtheam, explican dende o consistorio. Será ese mesmo día, sábado 1 de novembro, ás 20.00.
Por outra banda, o Concello de Vimianzo tamén anunciou a suspensión dun dos espectáculos previstos no programa outonal do auditorio da Casa da Cultura. Trátase do musical 80s y 90s: Rumbo a los 2000, que estaba previsto para o vindeiro domingo 16 de novembro. A cancelación prodúcese, indican, «por motivos alleos ao Concello».