Antonio Devesa, secretario da confraría de Laxe: «Temos un sector primario de ouro»
LAXE

Comezan na localidade, esta noite, tres días de exaltacion e posta en valor dos produtos do mar e a pesca artesanal
01 ago 2025 . Actualizado a las 09:00 h.Mar, sabor, produto fresco. Vén por diante unha intensa fin de semana en Laxe, tres días de actividade da man da confraría de pescadores Santa María da Atalaia. A entidade deseñou para este venres 1 de agosto a segunda edición dunha Xornada de Degustación de Navalla e Longueirón e, para mañá e domingo, as cuartas Xornadas de Pesca Artesanal «No mar da lonxa de Laxe». Divulgación, exhibicións culinarias, talleres para os rapaces, degustacións gratuítas e unha gran festa gastronómica como remate. Falou en Radio Voz Antonio Devesa, secretario da confraría:
—Degustación de navalla e longueirón, hoxe, ás 21.00, de balde. Segunda edición, e uns 120 quilos. Que máis pode contar?
—A nivel sabor son case o mesmo, a diferenza é fisiolóxica. Peixe e marisco todo é exquisito, temos un produto de primeira calidade no noso sector primario, e unha pesca artesanal que debemos poñer en valor, produto de proximidade. Temos un sector primario de ouro, e con isto tamén me refiro a agricultura e gandaría: verémolo na festa do domingo acompañando o peixe de pataca de Coristanco. Non somos conscientes da sorte e da riqueza que temos. Haina que protexer e manter.
—Por iso mesmo pelexan.
—A confraría de Laxe é unha das que máis anos o leva facendo, si. Remóntome ao 2005, cando se creou o proxecto Mar de Laxe, hoxe un sinal distintivo. Englobaba xa daquela o turismo mariñeiro, no que ninguén cría. Outro dos apartados era precisamente a promoción dos produtos. Carteis, xornadas, eventos... Houbo un cambio radical co Prestige: antes del o peixe vendíase só, pero logo del tivemos que ser tamén comerciais. Houbo co Prestige unha parada de actividade na que entrou produto foráneo a un prezo máis barato, aínda que non da mesma calidade, pero que acabou quedando. Hai que facer un labor moi grande de explicación e concienciación. Calquera iniciativa que leve a consumir peixe é boa, nos últimos anos houbo unha caída grande no seu consumo.
—Entre as actividades desta fin de semana, talleres para nenos, con inscrición previa. Que tan importante é chegar a eles?
—Traballamos moito con nenos, xa todo o ano, e quedas impresionado do que lles gusta o peixe. Hai que romper ese mito. Cal é o problema? A forma de prepararllo ou de presentarllo. Lembro unhas hamburguesas de xarda feitas co cociñeiro Miguel Mosteiro [o mesmo que estará hoxe na degustación de navalla e longueirón] que nos obrigaron a ir buscar máis pan, porque non chegaba. Todo un éxito.
—Galardoarán este ano a dous novos Embaixadores dos Peixes e Mariscos de Laxe. Iván Domínguez e Arturo Fernández.
—Xa dende as segundas xornadas o vimos facendo, intentando buscar xente achegada a Laxe e que tivese certa relación co sector. A Arturo coñecémolo aquí co 20.º aniversario de Mareas Vivas, el foi o encargado de presentalo, estivo unha semana, e collemos unha amizade que se seguiu mantendo, con interese por como ían as cousas e ofrecéndose a colaborar. E que dicir de Iván, un profesional con Michelin, moi implicado, con pai e nai en Laxe, colaborador en algo moi difícil, como é a promoción de produtos de baixo valor comercial.
—Será ese acto de recoñecemento, á unha da tarde do sábado, o marco da presentación da nova tenda en liña, que leva por nome lonxamar.com.
—Tratamos de innovar coas xornadas, e este ano temos unha pequena sorpresa con isto de lonxamar. E co primeiro showcooking do sábado tamén. Prefiro non avanzalo.
—Pero quen vai poder mercar a través de lonxamar.com?
—Sempre se falou da posibilidade dun sistema de venda directa do produto ao cliente, pero nós consideramos aos compradores presenciais imprescindibles na lonxa. Non pretendemos facer nada que compita con isto, así que poñemos ese marco xeográfico de Pedrafita para alá. Lonxamar.com será algo complementario ao que estamos facendo. Non é substitutivo do presencial, para nada, e será sempre produto da lonxa de Laxe, de aquí, local. Seguramente haberá veces nas que se demanden produtos que non haberá, porque non se irá buscar a ningún outro sitio.
—Que peixe teremos nesa festa gastronómica final?
—Irá segundo mercado. Este venres será exclusivo de navalla e longueirón, e para sábado e domingo dependerá. Están os barcos no mar, a ver que traen! Isto tamén require concienciación, e este mesmo espírito estará en lonxamar.com.
Viernes 1 de agosto
- 20.00. Taller infantil sobre biodiversidad
- 21.00. Degustación gratuita de navaja
Sábado 2 de agosto
- 10.00. Inauguración jornadas
- 10.30. Taller gastronómico infantil
- 12.30. Showcooking con degustación
- 13.00. Reconocimientos Embajadores
- 17.00. Subasta simulada pescado-marisco
- 18.00. Taller gastronómico infantil
- 19.30. Showcooking con degustación
- 22.00. Degustación gratuita de arroz con pescados y mariscos
Domingo 3 de agosto
- 10.30. Apertura de jornada
- 13.00. Fiesta gastronómica: 5€/ración
- 16.00. Cierre de jornadas
OTRAS CITAS GASTRONÓMICAS PARA ESTE FIN DE SEMANA EN LA COSTA DA MORTE

La 27.ª edición de la Mexillonada de Lema, Carballo. Mañana • Este sábado, a partir de las 19.00 horas, en el mirador de Santa Irene, en Lema (Carballo). En esta 27.ª edición de la Mexillonada se repartirán unos mil kilos de mejillones al vapor y 200 empanadas con el bivalvo como protagonista. Música a cargo de Rocío Pérez y queimada gratuita previo esconxuro. Entre las 11.00 y las 13.00 ya se venderán empanadas. Organiza la asociación O Castro de Lema. Más detalles, aquí.

Sardinas en Caión y callos en Estramil, A Laracha. Mañana • Sin salir del municipio de A Laracha, al menos dos citas culinarias este sábado. Una, en Caión, una sardiñada popular a partir de las 20.00, en la finca de detrás de la iglesia, organizada por Caión Rali. De otro lado, en Estramil están de fiestas. Hoy tendrán pulpo a partir de las 20.30, pero mañana, desde las 21.00, la 21.ª Festa dos Callos, gratuito para socios y por 10 euros para no socios.

En Fisterra, 32 años de longueirón y diez de piratas. Mañana y domingo • Más mar, y con el longueirón presente como en Laxe. Fisterra acogerá este sábado y domingo la 32.ª edición de su fiesta gastronómica dedicada a este producto, con degustaciones a partir de las 13.00 ambos días. Habrá una gran ración musical, pero también de historia, con una nueva edición del Desembarco Pirata, en la primera de las jornadas, a partir de las 18.00.

Comida con saber y sabor de aldea en Corcubión. Mañana • Las asociaciones San Pedro de Redonda, Lugar de Quenxe y San Roque, en A Redonda (Corcubión), promueven para este sábado la segunda edición de su feria O Saber Sabor de Aldea, en el campo de San Roque. Herramientas de otrora, artesanía y, entre los grandes atractivos, comida típica. Sardinas, empanadas, churrasco, jamón, filloas y follados con tocino, helados y yogures de kilómetro cero...