Danza en Malpica e teatro no resto da Costa da Morte para esta fin de semana
MALPICA DE BERGANTIÑOS
Ata 14 propostas, un bo número ligadas ao 25N, se sucederán entre hoxe e o domingo na comarca: ¡bótalle un ollo!
21 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Malpica • Non será este venres teatro, mais un pouco si. Fran Sieira e compañía de danza chegan á 21.ª Mostra de Teatro de Malpica co espectáculo Coreografías dun DeMente. A peza está programada para as 20.30 horas, no auditorio do centro cívico, con entrada de balde. Tal e como avanzara Noelia Freijeiro, edila, con esta peza comeza o programa destinado a adultos.
A Laracha • Nova parada dos Venres Teatrais, cita incluída no programa 25N: Feminíssimas, con De Ste Xeito. Ás 21.00, na Casa da Cultura, gratuíto.
Cee • Este venres, ás 10.30 na escola de Brens e ás 12.00 na da Pereiriña, Vamos ao recreo, contacontos polo 25N.
Carballo • Teatralización e narración dentro do programa do 25N, con Sole Felloza e as súas Bolboretas. Ás 18.00, nas escolas Agra de Caldas, con inscrición previa: carballo.gal.
Camariñas • Venres de teatro e reflexión sobre igualdade e superación. A Casa de Pedra acolle ás 19.00 O meu camiño.
Fisterra • Sábado ás 12.00, no mercado cultural, Catro, de Caramuxo Teatro, para bebés entre oito meses e catro anos.
Fornelos (Baio) • Sábado, no local social, O meu camiño, con As Avoas de Laxe Teatro. Ás 20.00, no local social.
Zas • Sábado, no auditorio, ás 20.00 e para público adulto, Comadres en acción, a cargo de Matrioshka Teatro. Está incluída no programa do 25N.
Ponteceso • Este sábado, no 31.º Ciclo de Teatro organizado polo Concello, A limpadora, a psiquiatra e o marido asesor: 22.00, Edificio das Escolas.
Buño e Coristanco • Dobre parada esta fin de semana para Sen Tempo Teatro, a Escola de adultos do Concello de Zas. Representan O home do sofá no Centro de Artesanía e Tradición de Buño o sábado (18.00) e na Casa da Cultura de Coristanco o domingo ás 17.00. Integran o elenco Toni Castiñeira, Nando Blanco, Rubén Pardiñas, Eva Martínez, Nieves Suárez, Marcos Maroñas, Jose Medina, Azucena Castro, Sandra Villaverde, Laura Senande, Olga María Silvarredonda e Pepe Espasandín. O home do sofá é unha obra representada por vez primeira en xuño, e ademais destas dúas funcións, aínda quedará outra para o 30 de novembro en Laraño. Dirixe Pablo Soto, Pibe, con luces e son de María Teresa Lema Pose.
Cabana • Domingo, ás 18.00 horas no auditorio, Os contos de William Shakespeare.
Cerceda • Domingo, no auditorio, ás 12.00 horas, Idea, a cargo de A Tarabela Creativa.
Corcubión • Sen lingua, de Noelia Papín, o domingo ás 18.00.