Xa cho dixen: o éxito de Mónica Rodríguez

O trasno do val

VIMIANZO

22 ene 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Mónica, a alcaldesa de Vimianzo, en pouco tempo deixará de necesitar ser presentada así para saber a quen te refires e chegará con dicir «Mónica». Ata para os máis haters deixou de ser Mónica Rodríguez e pasou a ser «Mónica».

Cumpriu coas esperanzas e expectativas que moitos veciños depositamos nela hai catro anos. A paz volveu ao pobo e pasamos de ser noticia polos esperpentos políticos da etapa anterior a ser noticia en positivo. Son moitos os cambios, pero vou destacar algo que non é físico, pero si fundamental: todos os lugares e aldeas do noso concello están atendidos e os veciños son «escoitados e recibidos sen esperas, desprezos ou rifas inútiles». Isto, de por si, xa chega para dicir «xa cho dixen». Que o noso Concello recuperou a orde é algo doado de ver, e que se potencia día a día como referencia indiscutible da comarca de Soneira e incontestable. Amigo, como tiña razón, quero aproveitar para dicirche: «O mellor esta por chegar».

Mónica ten folla de ruta, ten os obxectivos claros. Tras estes catro anos, no seguinte mandato —que lle encargarán os vimianceses— para seguir avanzando débese facer xa un PXOM, pois non podemos seguir con normas do século XX; débese potenciar un centro de FP para a Costa da Morte, que reúna especialidades que demanda a sociedade actual; debemos encher dunha vez o polígono, pois será unha fonte de riqueza para a comarca, e o Castelo ten que ser a nosa fortaleza, para que máis que estar un día, os visitantes fagan a súa estadía en Vimianzo.

Isto será a menciña para a soidade dos nosos maiores, a esperanza para a xente vimiancesa emprendedora e o futuro para Vimianzo.

Poucas veces a vida e os feitos se empeñan en darche a razón, por iso insisto: «Xa cho dixen». E lembra: o mellor está por chegar.