Medio ambiente e pintura cadraron ben en Vimianzo

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

VIMIANZO

BASILIO BELLO

A obra social de Abanca, Afundación, fixo parada de novo na comarca con esta actividade

01 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Máis de 90 escolares do IES Terra de Soneira de Vimianzo participaron onte pola mañá na iniciativa «Plantando árbores con pinceis», cultura e sostibilidade de mans de Afundación, que os implica así na conciencia ambiental. Dirixiu a creación a artista Rakele Cavallo. Con esta mesma actividade pasou recentemente por Carballo, colexio Gándara-Sofán, a obra social de Abanca. No caso de Soneira, empregaron, estudantes e artista empregaron un dos muros do centro para crear un mural con pinturas fotocalísticas anticontaminantes, mais tamén decoraron bolsas de tea con pinturas ecolóxicas.