O festival Atlántica chega hoxe a Vimianzo

M. R. CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

ANA GARCÍA

A axenda de ocio para este domingo na Costa da Morte

29 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

As romarías campestres serán hoxe as protagonistas do ocio na Costa da Morte. Tamén continuará a programación do festival Fisterra Experience. Pero os actos máis numerosos serán as festas de San Pedro. Ademais da da Ponte do Porto, están previstas outras moitas por toda a bisbarra. Nalgúns concellos, incluso por partida dobre.

San Pedro • En Cundíns, será o penúltimo día. Estará a orquestra Pontevedra. Moi preto, en Corcoesto, actuará o dúo Platino só ao mediodía. En Lendo, estará o dúo Calibre, mentres que en Soandres, a orquestra Sinfonía, con festa infantil, ademais, esta última, á tarde. En Barizo, actuará o dúo Show. Outra formación similar, Veneguay, estará en Cances. En Buxantes, actuarán Alborada e Nueva Fuerza.

A Fonte • Música e comida campestre haberá en Leiloio pola Nosa Señora da Fonte.

Festival Atlántica • Ata Vimianzo, chegará por vez primeira o festival Atlántica: ás 19.30, cunha visita guiada ao castro das Barreiras, e ás 20.30, cun espectáculo de Cándido Pazó (acceso libre e gratuíto, para adultos).