A París de Noia despide o seu clásico «Baile del Sua Sua»

Antón Lestón
Antón Lestón CARBALLO/ LA VOZ

VIMIANZO

BASILIO BELLO

Unha das máis grandes orquestras do panorama galego será cabeza de cartel mañá na verbena de Vimianzo 

07 ago 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Vimianzo gozará mañá dunha das orquestras máis grandes de Galicia. A París de Noia chegará á capital de Soneira coa Xira do Sua Sua, en referencia a unha das cancións máis icónicas da formación, El Baile del Sua Sua, ao que lle queren dar unha «despedida por todo o alto», tal e como recoñece o director José Antonio Blas despois de que leven tocando o mesmo tema dende hai máis de vinte anos: «Tivo moito éxito, inventamos un baile e deixámolo, pero a xente volveuno a demandar, e ata hoxe», explica.

O certo é que a Costa da Morte ten a sorte de recibir asiduamente durante o verán á París de Noia, fundada no 1957 por Joaquín García Piñeiro. Esta semana, de feito, xa actuou en Sofán, Carballo, pero tamén nunha chea de sitios de toda Galicia, o que non fai máis que sumar quilómetros a unha formación que durante o estío non ten outra familia que a que se ve sobre o palco. «Estamos traballando con persoas, e como persoas calquera podemos ter un mal día, pero nese sentido estou tremendamente orgulloso do equipo que temos, porque todos nos botamos unha man no que se pode e hai un gran ambiente de compañeirismo», conta José Antonio Blas, membro da París de Noia dende hai case 45 anos. Agradece o agarimo co que a xente segue tratando a orquestra alá onde vai.

Non obstante, si atopan diferenzas dependendo do lugar no que sexa a actuación, e cre que a de mañá en Vimianzo sairá «tan ben» coma sempre que acuden ao municipio. «O certo é que estamos nun momento moi fermoso, pero de moito traballo, como é o mes de agosto, e chegamos con moitas ganas de facer bailar á xente nunha festa que de seguro será multitudinaria», sinala.

A agrupación está agora formada por 21 artistas, aínda que consta de 35 persoas. Mans todas necesarias para un éxito que se repite verán tras verán. «Detrás do que a xente ve hai moito traballo, para unha verbena que comece ás 23.00 horas, chegamos sobre as 16.00 e xa se pon en marcha todo o equipo de montaxe... É moita a infraestrutura que hai que poñer a andar, é moito máis choio do que se fai logo enriba do escenario», di Blas, que como director encárgase «de todo»: «Durante o inverno hai que organizar o repertorio, espectáculos, escenografías... E durante o verán levo o día a día da orquestra, tratos cas comisións, cos representantes, solucionar problemas ou avarías. Intento estar en todo, aínda que estou rodeado dun moi bo equipo», resalta. O bo facer da París de Noia non ten para el moitos segredos, máis alá desa cultura de traballo e compañeirismo: «A nosa fórmula suma un cúmulo de cousas dende 1957, sempre nos distinguimos por adaptarnos aos tempos e traballar co que o público demanda». Ademais, apunta doutro lado, «sempre se pode aprender doutras orquestras e de compañeiros, aos que nos gusta ver traballar cando compartimos verbena».

O Grupo Máster

Compartindo mañá verbena coa París de Noia estará no entorno da Casa da Cultura de Vimianzo, nestas festas de agosto, o Grupo Máster, formado no ano 2000 na cidade de A Coruña. Un cuarto de século.

MARCOS CREO

La Orquesta Principal vuelve a la Costa da Morte

Una semana después de tocar en Quintáns (Muxía), la Orquesta Principal regresa este domingo a la Costa da Morte para cerrar las actuaciones musicales de las fiestas de agosto en Vimianzo junto a La Fórmula. Se trata de una entidad fundada ya en el año 1988, primero con el nombre de Leni Principal para dar soporte a la entonces conocida cantante, pero en los siguientes años cambió su sede de Pontevedra a Mondoñedo, donde aún sigue hoy en día establecida.

La Fórmula, diez años creciendo entre verbenas

El domingo, la sesión vermú en Vimianzo correrá a cargo del dúo Veneguay, pero por la noche los asistentes podrán disfrutar de una de otras dos orquestas muy queridas en el panorama de la verbena gallega. Un sector en el que La Fórmula lleva creciendo diez años desde su fundación en el 2015. Con sus 18 artistas sobre el escenario están celebrando la gira de su décimo aniversario con el espectáculo La Fórmula Perfecta, con un vistoso espectáculo y amplio repertorio.